Esta é unha historia que ten dous nomes fundamentais: Xaviera e Delio . Nai e fillo viven no Salto, a carón do Monte Louro, sen outra compaña ca eles mesmos, podería dicirse, despois de seren abandoados por Mauro, o proxenitor.
A súa existencia non é doada (pobreza, soidade,...) e, nun determinado momento, Delio decide deixar soa á súa nai. Comeza deste xeito un periplo por varias cidades, das que Barcelona ocupa un lugar importante, ata chegar a Bos Aires, onde se instala finalmente.
"Bos Aires é tamén moito máis ca a Barcelona de onde vén de vivir o último e, por tantas cousas, decisivo ano. Bos Aires é para el unha ameazadora cosmópole ocupada arestora nun fragor xeral de coches e masas de xente. Bos Aires abate os seus primeiros pasos con quiñóns dun estrépito ó que el, abraiado mentres deixa atrás o porto, só lle pide o premio gordo da amnesia." (Páx. 363).
Non resulta doado gañarse a vida e,despois de moito tempo e avatares diversos, parece que por fin chega o éxito no traballo e no amor. Sen embargo, o pasado faise presente e, coa axuda da súa muller (Inés) e dunha filla cuxa existencia descoñecía (Olga), haberá que recompoñer as pezas dun puzzle complexo.
Esta obra recibiu o Premio Blanco Amor 2009.
- Título : Monte Louro.
- Autor: Luís Rei Nuñez.
- Editorial Xerais, 681 páxinas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario