Esta foi unha obra que tivo bastante éxito ao longo do curso. Os alumnos (e os profesores) achegámonos á banda deseñada e, pouco a pouco, fomos incrementando os títulos desta sección da nosa biblioteca.
Neste caso, Jack Palmer ten que buscar a unha rapaza desaparecida. Todo parece indicar que Lucie estase achegando ao islamismo, así que a investigación céntrase nesta dirección. Coñecemos deste xeito a dous imáns antagónicos, Hadi e Bozo-Bozo, que parecen discrepar en todo, ás alumnas da escola coránica, ao irascible pai de Lucie... e a outros moitos personaxes que representan puntos de vista diferentes sobre a situación da muller na sociedade.
A historia transcorre en París e está contada en clave de humor.
- El caso del velo.
- Autor : René Pétillon.
- Norma Editorial, 48 páxinas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario