viernes, marzo 20, 2009

La niña de los tres nombres


Este libro cóntanos a historia de Lieneke, una nena de nove anos, que, na segunda guerra mundial viuse obrigada a deixar a súa casa e agocharse de todas aquelas persoas que querían acabar coa súa vida polo feito de ser xudía. O seu pai, coa axuda da resistencia, consegue que varias familias , arriscando a propia vida, acollan ás súa fillas e que estas estean a salvo. Durante o tempo que están separados manteñen o contacto a través de cartas, emotivas e cheas de debuxos, que hoxe se conservan no museo Beit Lojamei Haguetaot.


Lieneke (Nili Goren) na actualidade vive en Israel e ten 76 anos.


" Este libro está dedicado a Vonnet y al doctor Henry Kohly, a Alice y al doctor Harry Cooymans, a los verdaderos héroes de las guerras : las personas que salvan vidas".

  • La niña de los tres nombres.
  • Autora: Tami Shem-Tov.
  • Editorial Emecé, 268 páginas.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Paréceme un libro máis que recomendable. É unha narración realmente emotiva. Engancha dende o primeiro momento e permítenos coñecer a historia dunha maneira diferente, a través das vivencias dunha nena que tivo que illarse da súa familia para sobrevivir e das fermosas cartas que recibía de seu pai.