domingo, diciembre 14, 2008

Club de lectura "Calamus"

Despois de elixir a que será a primeira lectura de "Calamus", Campos de fresas de Jordi Sierra i Fabra, imos comezar a traballar, sobre o escritor e tamén sobre a súa obra.
Jordi Sierra i Fabra naceu en Barcelona no ano 1947. Escribe dende que era moi novo . Recoñeceu en varias entrevistas que tiña problemas de comunicación na súa infancia e adolescencia, así que a súa forma de relacionarse cos demais foi a través da escritura. Ten publicado moitas obras sobre outra das súas grandes aficións : a música . Podemos citar Historia de la música pop (1962-1972), Mitos del pop inglés (1973), El rock, la música de nuestro tiempo (1990)...

É un dos autores máis recoñecidos na Literatura infantil e xuvenil e a súa obra é inmensa. Algúns dos títulos máis coñecidos son os seguintes : Noche de viernes (1993), Malas Tierras (1994), Campos de fresas (1997), La voz interior (1997), Un hombre con un tenedor en una tierra de sopas (1998), Las chicas de alambre (1999), Víctor Jara ( Reventando los silencios) (1999), Dormido sobre los espejos (2000), Buscando a Bob ( 2005), Kafka y la muñeca viajera ( Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no ano 2007)...

Ímosvos prantexar ós membros de "Calamus" un pequeno traballo de búsqueda :

. 1 .- Quen foi Víctor Jara?

.2 .- En que país está ambientado Dormido sobre los espejos?

. 3 .- Que profesión tiñan as protagonistas de Las chicas de alambre?
Agardamos as vosas respostas!

2 comentarios:

Anónimo dijo...

1.- Referente internacional da canción reinvindicativa e de cantautor. Foi torturado e asasinado en Chile polas forzas da dictadura de Picochet.
2.- Cuba
3.- Eran top models

Biblioteca do IES Pintor Colmeiro dijo...

As túas respostas son perfectas, Esteban. Moitas gracias pola túa colaboración.