Se tedes o carné da biblioteca xa podedes ler relatos fantásticos coma o deste libro autobiográfico. Dous adolescentes chinos vense obrigados por unha orden política de Mao Zedong a deixar a cidade e internarse no Tibet para vivir como campesiños. O mundo para eles vólvese cru. Afastados das súas familias, malviven nesta aldea perdida. Pero unha maleta de libros de literatura e o seu amor pola guapísima filla do sastre faranlle mais levadeiro o seu desterro.
Tamén dispoñedes na biblioteca da película co mesmo título.
- Balzac y la joven costurera china.
- Autor: Dai Sijie.
- Editorial Planeta, 189 páxinas.
1 comentario:
É unha historia preciosa que nos fala de libros e do poder da literatura nunhas condicións de vida durísimas.Lendo obras coma esta é doado internarse no mundo da literatura.
Publicar un comentario