26/2/08

Wilt, de Tom Sharpe

A profesora Marisa Díaz recomenda este libro


Se queredes pasar un rato entretido, cun sorriso e ata de vez en cando soltar unha gargallada , non o dubidedes, mergulládevos no alucinante mundo do señor e da señora Wilt. A medida que avanza o relato, as situacións máis normais tórnanse en delirantes escenas nas que, sorprendentemente, nos podemos ver envoltos calquera de nós.
O señor Wilt que é un profesor de literatura inglesa nun colexio de formación profesional intentará sacarlle partido aos seus alumnos de carnicería, de albanelería aprendendo deles. Isto serviralle para salir de situacións embarazosas como a do inspector de policía que o considera o asasino da súa muller, a señora Wilt.
Aínda que ten sobradas razóns para que se lle ocurrise matala. O único que fai é soterrar baixo un pilar da escola unha boneca hinchable. Este feito que coincide coa desaparición momentánea da señora Wilt, leva o inspector e os seus compañeiros de traballo a sospeitar del.
Mentres tanto a sua muller, moi dada as experiencias novas, goza dunhas clases de liberación sexual cuns amigos americanos que coñeceu. Esta aventura acaba mal e atópase espida diante dun vicario.
Ao final, esta comedia de enredo ten un final feliz grazas á cordura e ao tino de Wilt.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Son moi divertidos os libros deste autor. Eu lin varios e rin con todos eles.

LinkWithin