16/2/08

La emperatriz de los etéreos


Vera Patricia Franco de 2º de ESO recomenda este libro.



La emperatriz de los etéreos é a última obra de Laura Gallego García. Trata de dous adolescentes, Bipa e Aer, que percorren un mundo conxelado. No libro o amor é un dos principais protagonistas. Bipa tarda bastante tempo en darse de conta do evidente: está namorada de Aer.


A autora ten unha especial capacidade para crear un mundo novo e non se lle escapa o mínimo detalle: aparecen todo tipo de lendas para explicar como se formou ese mundo, xurden países, continentes...Pero neste caso só existe ese mundo conxelado e abandoado. Non creades que vivían no xeo dun lago conxelado nin nun iglú, nada diso. Vivían nunhas covas subterráneas unidas entre sí. Ademais tiñan gando, hortas e todo o que podería atoparse fóra.


Invito a todos a ler o libro, e o resto das súas obras como Memorias de Idhún, Crónicas de la torre, Finis Mundi,...


La emperatriz de los etéreos.

Género: Novela.
Páginas: 312.
Editorial: Alfaguara.


No hay comentarios:

LinkWithin