9/2/08

Día de San Valentín


O día 14 de febreiro celébrase San Valentín e a biblioteca, ademais de lembrarvos esta data, quere celebrala cun pequeno concurso no noso centro. Trátase de elixir o mellor poema de amor de entre os moitos que se escribiron ó longo da historia da literatura. Non foi unha tarea doada escoller os mellores textos, e hai moitísimos máis que seguramente deberían figurar entre os seleccionados, pero cada un de nós decidiu quedarse con 5 poemas representativos de cada unha das distintas épocas.

Para participar no concurso tedes que ler previamente os textos que aparecen nos paneis da entrada do instituto. Hai poemas en castelán , en galego, en francés, en inglés, en portugués, en latín... Cada un pode elixir 5 e despois hai que introducir o voso voto nunha urna á entrada da biblioteca. Para facilitarvos a tarea, a bibliobici repartirá papeletas durante os recreos.O resultado final publicarase no blog.

No hay comentarios:

LinkWithin