jueves, junio 21, 2007

Empoemémonos (IX)

Estertores finais… risos e bágoas entre cancións, miradas, complicidades… Rematou o curso. Rematou un longo inverno de estudos e amizades. Algúns de vós estades ledos, outros menos. Algúns pensades en canto tempo vai pasar sen ver aos compañeiros de todos os días, outros pensades que aínda nas vacacións tedes que estudar…
E nós seguimos empeñados en empoemarnos. Seguiremos aquí no verán, para que cando teñades un oco abrades o noso blog e vexades que nel seguimos a vos contar qué libros nos gustan, qué poemas vos recomendamos, qué noticias nos preocupan. O blog non marcha de vacacións, paseará ao voso carón antes de irdes á piscina, á festa, a pasear. Lembrade que a biblioteca do Colmeiro respira para fortalecer os vosos pulmóns, bombea o sangue necesario para que os vosos corazóns sigan a sentir todas as emocións do mundo. Lembrade que no verán poderedes levar os libros a todas partes, porque hai mil xeitos de ler a vida.
O noso agasallo deste semana é o poema DESPEDIDA de Jorge Luis Borges:

Entre mi amor y yo han de levantarse
trescientas noches como trescientas paredes
y el mar será una magia entre nosotros.

No habrá sino recuerdos.
Oh tardes merecidas por la pena,
noches de esperanzas de mirarte,
campos de mi camino, firmamento
que estoy viviendo y perdiendo…

Definitiva como un mármol
entristecerá tu ausencia otras tardes…

1 comentario:

Anónimo dijo...

alégrame moito saber que aínda estando de vacacións imos seguir tendo o noso recuncho para escribir e recomendar.Non vos esquezades de nós e seguide escribindo entradas neste estupendo blog!!un biko