miércoles, febrero 17, 2010

Jan estivo alí


"Jan estivera alí.

Lembrábao coma se fose onte.

E o cadro diante del non facía máis que confirmarllo.

Lembraba a fermosa señora, vestida co manto máis rico que Jan fora quen de ver até aquel día.

Lembraba o señor que a collía da man, severo e silencioso. Aquel home metía medo con só miralo".

Así comeza Jan estivo alí de Xosé Antonio Neira Cruz. Unha obra baseada no cadro de Jan van Eyck (1390-1441), Retrato de Arnolfini e a súa dona, de 1434. Cunhas coidadas ilustracións de David Soler, o álbum tenta ofrecernos unha posible interpretación desta pintura, considerada unha obra mestra, sobre a que se leva escrito moito (a meticulosidade dos pequenos detalles , o espello a as imaxes reflectidas nel, a sinatura en latín, ...)

Agora podemos volver a esta pintura e disfrutar con esta obra, grazas ao traballo do autor e máis do ilustrador desta pequeña xoia que non debemos perder.


No hay comentarios: