1/6/08

El último encuentro de Sándor Márai

Sándor Márai ( Hungría,1900-California,1989) é un escritor ó que últimamente estamos redescubrindo, despois de pasar moitos anos esquecido por diversas razóns. As súas historias están protagonizadas por persoaxes complexos que reflexionan sobre temas como a amistade, o amor, o paso do tempo, o engano,...e o seu estilo preciso atrapa e atrae a nosa atención dende as primeiras páxinas.


En "El último encuentro" relátase a historia dun encontro pendente entre dous amigos dende hai moitos anos. Un momento que tiña que chegar, antes ou despois , tal e como podemos ler na páxina 70 : " Los dos sentían que el tiempo de espera de las últimas décadas les había dado fuerzas para vivir. Como cuando alguien repite el mismo ejercicio durante toda la vida. Konrád sabía que tenía que regresar y el general sabía que aquel momento llegaría algún día. Esto los había mantenido con vida".



A novela semella, nalgúns momentos, unha obra de teatro na que se describe minuciosamente o decorado onde vai transcorrer a acción ( a modo de acotacións escénicas), preséntase ós persoaxes principais e, a continuación, entáblase unha longuísima conversa entre eles , aínda que tal vez sería máis preciso falar de monólogo, para dar resposta a dúas preguntas que agardan resposta dende 41 anos e 43 días.


Os acontecementos van reconstruindose por medio das lembranzas dun dos persoaxes e a tensión, como nunha novela policiaca, vai aumentando en cada páxina.



El último encuentro
Autor: Sándor Márai
Editorial Salamandra,188 páxinas

No hay comentarios:

LinkWithin