16/4/08

H.G. Wells

Herbert George Wells é un escritor inglés moi coñecido entre os amantes do xénero da ciencia fición. Escribiu durante o século XIX e é considerado o pai deste xénero porque, xunto con Jules Verne, foi un dos primeiros en escribir novelas de ciencia fición. Unha destas novelas, A guerra dos mundos, lerémola neste mes no Club de Lectura "Fahrenheit 451".

H.G. Wells naceu en Inglaterra no ano 1866 e morreu en Londres no 1946. Polo tanto, escribiu sobre todo no cambio de século, unha época especialmente propicia para que se dese o nacemento dun novo xénero. Wells foi primeiramente profesor universitario en Cambridge pero cando colleu a tuberculose dedicouse a escribir novelas, chegando a máis de cen en toda a súa vida.

Tivo sempre moitísima preocupación polos problemas sociais da súa época e así o deixou reflectido na súa obra. Interesábase pola situación das clases máis desfavorecidas, e pensaba que a través da ciencia e da tecnoloxía se poderían mellorar as condicións de vida da xente e facer un mundo mellor.

Algunhas das súas novelas máis coñecidas son A máquina do tempo, O home invisible, A guerra dos mundos e A Illa do Dr. Moreau entre outras moitas. Tamén escribiu moitos contos.

No hay comentarios:

LinkWithin