Comeza o ano cunha celebración moi especial: o Día da Paz o 30 de Xaneiro. Dirixidas desde a Biblioteca levaránse a cabo diferentes actividades para conmemorar esa data. Como primeira actividade, de entre tantas e tantas poesías escollemos esta de Celso Emilio Ferreiro. Desfrutade da lectura:
"Digo bomba de fósforo.
Apenas digo nada.
Digo lombriga e larva de carne podrecida.
Digo nenos de napal,
terror de noite e de selva,
fedor de cidade e cloaca.
Fame, suor, aldraxe,
pugas de aceiro, antropofaxia.
Digo guerra bestial,
tremos de terra, crime, lume, lava,
estoupido, verdugo
e mortandade en masa.
Digo gas abafante.
Apenas digo nada.
Digo yanqui invasor,
depredador de patrias.
Digo plutonio, pentágono,
esterco bursátil, palanca,
Presidente, gasoupa,
chuvia, amargura, baba.
Digo petróleo, ferro,
Mineral, trampa,
lobo, caimán, polaris, cóbrega,
miseria, diplomacia.
Digo devastación que USA, usa.
Apenas digo nada.
Digo Vietnam i está xa dito todo
cunha soa palabra.
Pra abranguer a vergonza do mundo,
digo Vietnam e basta."
1 comentario:
Escoiteille este poema a profe da biblio no dia da paz e como estaba mui cabreada berrou moito e foi unha pasada, o poema está xenial
Publicar un comentario