miércoles, marzo 12, 2025

MULLERES QUE NOS INSPIRAN

8M 2025 

 O Club de feminismo do instituto organizou a celebración do 8M cun encontro o día 11 no que se presentaron un vídeo protagonizado por mulleres da nosa comunidade sobre mulleres inspiradoras:



Asemade presentouse a Segunda antoloxía de microrrelatos. 25N da Editorial Cálami, cos relatos sobre violencia de xénero creados no curso 23-24.




    No espazo facedor da biblioteca, en colaboración cos coordinadores dos Polos Creativos presentáronse as libretas recicladas con cubertas vinculadas ao 8M.


jueves, marzo 06, 2025

PREPARANDO A CELEBRACIÓN DO 8 M


    Como cada ano, o Concello de Silleda proporciona á biblioteca una excelente selección libros con temática e autoría feminina. Este ano, como parte das accións vinculadas ao noso punto violeta; engadiron unha creativa selección de materiais reinvidicativos do 8M.







viernes, enero 10, 2025

 

PROXECCIÓN DE ANNA KARENINA 

13 de xaneiro de 2025


   Pechamos o primeiro ciclo de cine deste curso  "Sense and Sensibility", coa proxección de Anna Karenina de Joe Wright sobre a obra de Tolstoi.

    





sábado, enero 04, 2025

 

HORARIO DA HORA DE LER 

NESTE  2º TRIMESTRE

   Aquí tedes o horario para este trimestre. Podedes consultar máis información desta actividade aquí.



viernes, diciembre 20, 2024

 

FESTA DE NADAL 

NA BIBLIOTECA 

Felices e lectoras vacacións!!!






        Comida de Nadal e entrega do "Agasalla un préstamo" na biblioteca.
 














  

lunes, noviembre 25, 2024

 

SEGUNDA SESIÓN DO CICLO DE CINE

Sense and Sensibility

25 de novembro de 2024


   Hoxe proxectamos Emma dirixida por Autumn de Wilde, sobre o clásico de Jane Austen.



miércoles, noviembre 13, 2024

 

INICIAMOS A ACTIVIDADE DO CLUB DE CINE

11 de novembro de 2024


   O primeiro ciclo de cine deste curso vai ser "Sense and Sensibility", versións cinematográficas de obras literarias do XIX protagonizadas por mulleres. Podedes consultar a programación aquí.

    Este luns facemos a primeira proxección: Pride and Prejudice de Joe Wright sobre a obra de Jane Austen.




  

lunes, octubre 21, 2024

 

EXPOSICIÓN DAS ILUSTRACIÓNS 

DE RELATOS DE SAMAÍN.

   Estes son os debuxos e relatos presentados polo alumando ao concurso de ilustración de relatos de samaín.