- A lectura será escollida polo alumno libremente, de calquera
temática e xénero, coa excepción dos libros de lectura obrigatoria ou
voluntaria vinculados a materias. É unha lectura libre que non pode asociarse á
consecución de puntuación.
- Os libros da lectura da hora de ler, como regra xeral,
permanecerán na aula. Se algún alumno prefire levar o libro á casa cada día,
deber responsabilizarse de traelo ao día seguinte.
- Para cada grupo haberá un profesor coordinador da Hora de Ler,
que se encargará de ir vendo a marcha da actividade, propoñer
lecturas aos alumnos que o precisen e ter conta da continuidade das lecturas
nunha folla de aula na que se vaia anotando a lectura que vai facendo
cada un. Se a actividade non funcionase globalmente nun grupo, podemos
pensar noutra modalidade de “hora de ler” para ese
grupo en particular (por exemplo, lectura
compartida en alta voz).
- Os libros poden ser da biblioteca ou traídos da casa.
- O docente que acompañe a sesión, levará tamén unha lectura
para ler ao tempo que o fai o alumnado.
- O calendario atoparase na cortiza das aulas e será remitido ao profesorado
por mail cada trimestre. A hora de ler faise cada semana
nunha franxa do horario da mañá (a 1ª hora, a primeria semana; a
2ª hora, a segunda semana....), de xeito que supón moi poucas
sesión en cada materia.
- No caso de que a sesión de lectura
coincida en dúas sesións da mesma materia na mesma semana, o profesor
poderá escoller unha das dúas horas e deixar de facer a outra. A
sesión tamén poderá ser suprimida no caso de que coincida coas
datas de exames.
- Nas materias en que os alumnos saen da aula de referencia
do grupo, cada alumno é responsable de levar o seu libro.
- Cando un alumno non teña libro na sesión correspondente non se lle debe
deixar ir á biblioteca a buscalo, proporcionaráselle alguna tarefa da materia
que facer.
O préstamo de libros da biblioteca faise durante os recreos e
mediodía dos xoves e o alumnado non debe baixar durante as
horas de clase.
No hay comentarios:
Publicar un comentario