Páginas

martes, abril 01, 2025

 

VISÍTANNOS OS AUTORES DE ESTRELAS GALEGAS DA CIENCIA 

 O alumnado de 3º de ESO leva unhas semanas traballando na lectura da recopilación de biografías de científicos galegos Estrelas galegas da ciencia, como parte dun proxecto integrado das materias de Física e Química, Lingua galega e Debuxo. 



A partir da lectura dun dos capítulos do volume,por parellas foron facendo indagación sobre científicas galegas como parte das celebración do día internacional da muller e a nena na ciencia.


Este 31 de marzo tiveron a oportunicade de participar no encontro cos dous do autores de Estrelas galegas da ciencia, Maite Vence e Manuel Vicente.




Maite Vence e Manuel Vicente falando co alumnado.

Alumnado de 3º da ESO asistente ao encontro.




No hay comentarios:

Publicar un comentario