31/10/17

Samaín/Halloween na biblioteca

  A piques de celebrar o Samaín, Halloween ou como queiramos chamalo, decidimos crear unha pequena mostra de libros da biblioteca sobre esta temática, dende os clásicos ata os máis actuais. 




  Tamén decoramos o espazo para esta ocasión.



  Ao longo desta semana,na pantalla á entrada do noso centro, iremos engadindo os traballos dos alumnos e estaremos atentos as súas lecturas.

15/10/17

Autora do mes

  A primeira entrada do noso blog para o presente curso chega da man da poesía, concretamente de Gloria Fuertes (1917-1998), a quen lembramos no centenario do seu nacemento.
  Por este motivo durante todo o mes estará exposta unha pequena mostra nos paneis da entrada da biblioteca que combinará imaxes e poemas da autora, xunto con aspectos biográficos.




LinkWithin