23/4/16

Día do Libro

 Chegou o Día 23 de abril, despois de ter realizado unha morea de actividades ao longo de toda a semana, con motivo do Día do Libro, sempre importante para nos. 
  Queremos agradecer a todos a participación e a axuda proporcionada na posta en funcionamento e no deseño das actividades, especialmente ao departamento de Inglés (ao igual que o de Educación Física, Comercio, Clásicas,...) e aos alumnos, a todos os grupos, en realidade, que o fixeron posible. 
   A continuación deixamos algunhas das fotografías das actividades realizadas:







17/4/16

Shakespeare&Cervantes

  Mañá comezará no noso centro a Semana cultural, dedicada a Shakespeare e a Cervantes, dous dos grandes escritores da Literatura Universal. É o noso xeito de celebrar o Día do Libro (23 de abril), o día grande das Letras.


   Antes de que dea comezo, e para completar as actividades e a información sobre ámbolos dous autores, queremos recomendar dous completos enlaces ( da BBC e de RTVE) acerca das moitísimas iniciativas que se levarán a cabo con motivo desta data.


8/4/16

Mes dos libros

  Encántanos o mes de abril, especialmente o día 23, o Día do Libro así que, dende a Biblioteca, ao igual que dende o resto dos Departamentos do noso centro, tentamos organizar actividades nas que estean implicados o maior número posible de alumnos e profesores.
   Este ano, apoiando as moitas iniciativas plantexadas polo departamento de Inglés, e, sumando as do resto da comunidade educativa, decidimos aunar esforzos e lembrar a todos a importancia  de Shakespeare e Cervantes, no 400 aniversario da súa morte.
    Na páxina web do noso centro, na aula virtual, pódese acceder ás moitas actividades plantexadas, das que iremos dando conta tamén no blog.


LinkWithin