28/9/15

Formando usuarios

    Unha das actividades coas que iniciamos o curso dende a biblioteca é a de baixar aos alumnos por grupos para explicarlles onde están ubicados os diferentes materiais, cal é o prazo para o préstamo, o horario, ... Parécenos fundamental que poidan utilizar a biblioteca de xeito autónomo e desenvolverse nela sen dificultade.
    Normalmente empregamos unha sesión na primeira semana do curso. Nela falámoslles da CDU, a Clasificación Decimal Universal, que é un sistema de clasificación bibliográfica, baseada nos números arábigos, no que cabe todo o coñecemento humano. Así, por exemplo, no número 1 temos as obras de Filosofía e Psicoloxía, no 2 as de Relixión e Teoloxía... 
   Engadimos un gráfico no que aparecen as divisións principais nas que se poden establecer subdivisións, adaptadas ás necesidades de cada biblioteca.

      

14/9/15

A segunda visita

Un dos momentos máis especiais, cando era estudiante, era o dedicado a ir á biblioteca. Soa ou coas miñas amigas chegaba sempre con moita curiosidade tentando atopar aquel libro que buscaba entre os estantes. Ás veces pedía axuda pero normalmente percorría o espazo e ía tocando os lomos de cada libro, como se iso me permitise achegarme aos segredos do seu interior. Finalmente, cando o localizaba, sorría, e comezaba a ler.
   Hoxe, moitos anos despois daquelas experiencias, sigo facendo o mesmo (hai cousas que non cambian, non importa o tempo que pase) e axudo a que outras persoas atopen esa historia que lles poida gustar, recomendando algunhas pero sen impoñer ningunha. Resúltame especialmente gratificante a segunda visita daquel alumno/a que che di que o libro lle gustou moito e que che pide outro. Eses son os mellores momentos da vida dun bibliotecario. Así que este ano, ao igual que os anteriores, agardo por eles.


8/9/15

Las almas juzgadas

" Bálint se detuvo sin querer, la vista era espectacular: al fondo del verdor salvaje los troncos parecían morados y velos de musgo plateado ondeaban desde las ramas formando cordones que tejían una red completa. No había más colores que el verde, el morado y el plata. Sólo se distinguían esos tres. Mirando aún más allá, el bosque resultaba mágico, inverosímil. Allí cerca sólo unas pocas hileras se balanceaban al viento, pero detrás había cada vez más y al fondo daban la impresión de ser una cortina de vapor plateado". (Páx.275).



  Ler a Triloxía transilvana de Miklós Bánffy é un auténtico placer. A riqueza de vocabulario, a temática plantexada, o lirismo que se desprende das súas descripcións da natureza, a caracterización dos personaxes, ... convirten a esta obra nun obxecto de culto para os amantes da literatura.
   As almas xuzgadas é o segundo tomo da triloxía (do primeiro xa demos conta no blog). Nel volvemos atopar a Bálint Abády e a László Gyeróffy en diferentes situacións, mentres asistimos a importantes cambios no panorama político de Hungría. As cousas non volverán ser as mesmas para a sociedade húngara. 
  Se comparamos este libro co anterior, observamos que o peso da política é máis importante así como o número de páxinas dedicadas a describir a natureza.
   Non deberiamos perder a oportunidade de ler unha obra coma esta. Un auténtico luxo.
   

6/9/15

¿Vida? ¿O teatro?

" A Alfred le cuesta disimular la emoción.
Él, que suele ser tan charlatán, calla.
Lo que siente es demasiado inédito para definirlo.
El humo que brota del tren llena de niebla la escena.
El andén de la estación se parece más que nunca a una orilla.
La decoración ideal para lo postrero.
Alfred arrima los labios al oído de Charlotte.
Ella piensa que va a decirle: te quiero.
Pero no es eso.
Le susurra una frase más importante.
Una frase en la que ella va a pensar continuamente.
Que va a ser la esencia de su obsesión.

Ojalá no se te olvide nunca que creo en ti." (Páx.122).

  Charlotte de David Foenkinos é un libro especial. A extrema dureza da vida da protagonista, Charlotte Salomon, o seu xeito de enfrontarse a ela por medio da pintura e o xeito de contala fan desta obra un texto dos que deixan pegada.
  O libro céntrase na vida de Charlotte, unha xoven de orixe xudía, marcada pola soidade e por unha serie de suicidios na súa familia (circunstancia que coñecerá xa na idade adulta) que está especialmente dotada para a pintura . Será  precisamente a través dos seus debuxos como consegue expresar o seus sentimentos e enfrontarse á dureza na que está inmersa.
   Chama a atención a disposición do texto, máis propia da poesía que da prosa, pero o mellor é escoitar a propia opinión do autor acerca deste tema no vídeo que se inclúe a continuación.






  • Título : Charlotte.
  • Autor: David Foenkinos.
  • Editorial: Alfaguara.
  • Páxinas: 208.

LinkWithin