14/9/15

A segunda visita

Un dos momentos máis especiais, cando era estudiante, era o dedicado a ir á biblioteca. Soa ou coas miñas amigas chegaba sempre con moita curiosidade tentando atopar aquel libro que buscaba entre os estantes. Ás veces pedía axuda pero normalmente percorría o espazo e ía tocando os lomos de cada libro, como se iso me permitise achegarme aos segredos do seu interior. Finalmente, cando o localizaba, sorría, e comezaba a ler.
   Hoxe, moitos anos despois daquelas experiencias, sigo facendo o mesmo (hai cousas que non cambian, non importa o tempo que pase) e axudo a que outras persoas atopen esa historia que lles poida gustar, recomendando algunhas pero sen impoñer ningunha. Resúltame especialmente gratificante a segunda visita daquel alumno/a que che di que o libro lle gustou moito e que che pide outro. Eses son os mellores momentos da vida dun bibliotecario. Así que este ano, ao igual que os anteriores, agardo por eles.


LinkWithin