9/8/15

Maxia

  Cando saín do cine, despois de ver A illa mínima (A. Rodríguez), tiven a sensación de disfrutar dunha gran película na que todos os seus elementos (traballo dos actores, ambientación, fotografía...) conforman un todo memorable. Gustoume desde o primer fotograma.
    Aínda que semella que non sucede nada extraordinario no pobo no que se desenrola a acción da película,  o certo é que moitos dos seus habitantes parecen ter algún segredo agochado, non esquezamos que estamos nos anos oitenta e hai moito medo no ambiente, e iso tamén é aplicable aos policías  encargados de investigar a desaparición de dúas rapazas. Son antagónicos e misteriosos e un deles (interpretado por Javier Gutiérrez) nega as sospeitas que pesan sobre el. É precisamente unha imaxe deste último, contemplando en silencio a natureza na que se desenvolve a investigación, a que probablemente máis me chama a atención. E é que hai momentos no que parece que o tempo se detén e non hai nada máis. Pura maxia.
      

No hay comentarios:

LinkWithin