23/8/15

El secreto de Vesalio

"El periodista se atusó el bigote. Pensó un momento en Dolors y se le humedecieron los ojos. Ojalá pudiera compartir su buena fortuna con ella. La echaba de menos, su recuerdo aún le lastimaba y creía que, como una herida mal cerrada, le dolería siempre". (Pág. 530).

  Este é un fragmento da novela El secreto de Vesalio  de Jordi LLobregat, publicado pola editorial Planeta. O marco temporal no que se desenrolan os feitos é o ano 1888, uns días antes de celebrarse a Exposición Universal en Barcelona. É entón cando aparecen unha serie de cadáveres mutilados o que dará orixe a unha investigación extraoficial dos feitos.
   Hai varios personaxes que se verán implicados nas pescudas, por diferentes motivos. Daniel Amat, profesor en Oxford, regresa a Barcelona para enfrontarse ao seu pasado é para asistir ao enterro do seu pai. Non lle convencen as explicacións que recibe sobre a súa morte, así que decide ir máis alá pola súa conta. Por outra banda, tanto Bernat Fleixa como Pau Gilbert, incorporaranse á investigación. O primeiro é un xornalista que toma o seu traballo con moita calma e está desexoso de atopar un filón que definitivamente remate cos seus problemas. O segundo é un brillante estudiante de Medicina que tenta atopar un manuscrito de anatomía que agocha un segredo.
   Creo que é unha lectura que non nos vai defraudar.

No hay comentarios:

LinkWithin