8/8/15

Contos de terror dos obxectos malditos

   Un dos libros que lin este verán, seguindo a recomendación das miñas compañeiras de departamento, foi Contos de terror dos obxectos malditos de Chris Priestley, ilustrado por David Roberts, e teño que dicir que me gustou moito.


 Edgar é un rapaz que sempre sentiu curiosidade polo seu tío Montague, "un bicho raro" en palabras do seu pai e, coincidindo coas vacacións, faille unha visita. Unha vez na súa casa este comeza a contarlle unha serie de contos relacionados con varios obxectos (un marco dourado, un debuxo,...) Son historias de medo que acaparan a atención de Edgar, fascinado como está con este tío seu tan misterioso e tan diferente aos seus pais.  É un gran contador de historias o seu tío Montague. Sabe crear a intriga axeitada e Edgar pídelle que lle conte máis, non importa o seu contido.
 Lémbrame este libro aqueles momentos en que algún familiar, sobre todo pola noite, contábanos algunha historia de medo cando eramos pequenos. Despois custaba traballo durmir...


LinkWithin