7/8/15

A filla de Ryan

É unha das miñas películas favoritas, A filla de Ryan (David Lean, 1970), e agora que hai máis tempo libre, tiven a oportunidade de volver a ela. Creo que tanto a fotografía, como a música son excelentes e contribúen a achegarnos a unha historia que remata de xeito durísimo.
  Básicamente cóntanos a historia de Rosy (Sarah Miles) unha rapaza que vive nunha localidade da costa irlandesa e que casa co mestre, Charles, interpretado por Robert Mitchum. Sen embargo, trátase de dúas persoas moi diferentes e esta relación non é a que ela esperaba. Entón aparece en escea un oficial inglés do que se namora e que responde ao que ela sinte.
  No vídeo aparece o momento en que Rosy, inmersa na tónica de monotonía habitual e, mentres Charles corrixe uns cadernos dos seus alumnos, decide saír ata o xardín e alí, disfrutando do aire libre e do aroma dos lirios, ve ao seu namorado e concerta unha cita con el.
  Engado tamén un segundo vídeo coa banda sonora da película, obra de Maurice Jarre.

LinkWithin