4/7/15

Los últimos días de nuestros padres

" Que se abra ante mí el camino de mis lágrimas.
  Porque ahora soy el artesano de mi alma.
  No temo ni a las bestias ni a los hombres,
  ni al invierno, ni al frío ni a los vientos". (Páx.121).

  Con esta poesía, Palo (Paul-Émile) tentaba infundirse valor a sí mesmo en momentos críticos da súa vida. Tanto el como os seus compañeiros (Laura, Claude,Key...) forman parte da Sección F do SOE (Special Operations Executive), un grupo dos servicios secretos creado por W. Churchill encargado de levar a cabo diversas accións nas liñas inimigas. A súa tarea non é doada. Despois de recibir un durísimo entrenamento pasan á acción arriscando a súa vida en cada traballo encomendado.


   
Son homes e mulleres que non poden compartir esta información coa súa familia e que desempeñaron un papel relevante na Segunda Guerra Mundial. Hoxe sabemos da súa existencia aínda que esta información mantívose en secreto durante moitos anos.
     O traballo de documentación que se reflicte no libro é moi completo así como o retrato dos personaxes (Palo e o seu pai, fundamentalmente). 
    A obra recibiu o Premio dos escritores Xenebrinos no ano 2010.

LinkWithin