18/5/15

Libros na rúa

Con este título, Libros na rúa, tentamos celebrar o Día das Letras Galegas, facendo un pequeno mercadillo de libros nunha actividade colaborativa entre o Concello de Silleda, a Biblioteca Pública e os centros educativos da nosa comarca. Todo un éxito, tal e como podedes ver nas fotografías que fixemos esta mañán. 
  Agradecemos a todos a súa axuda (Concello, alumnos dos Ciclos, voluntarios...) e agardamos seguir organizando no futuro este tipo de iniciativas.







14/5/15

O mundo de Alicia (III)

A modo de resumo de todas as actividades que se fixeron no centro con motivo do Día do Libro, deixamos a continuación máis fotografías. Nelas aparecen recollidas a creación de imaxes dos principais personaxes da obra, os problemas matemáticos plantexados, o propio libro de Alicia... (unha selección feita polo alumnado de 1º de Bacharelato) e a obra de teatro que, tal como comentabamos, resultou todo un éxito. Os alumnos do Primeiro Ciclo da ESO implicáronse moitísimo nas actividades e o resultado foi moi bo.
   O vindeiro mes volverase a repetir a representación porque o día que se estreou non todo o mundo puido asistir. A verdade é que merece moito a pena (guión, vestuario, dirección...) Non a perdades!















5/5/15

O mundo de Alicia (II)

  Mañá, no primeiro recreo, os alumnos do Primeiro Ciclo da ESO, van facer unha pequena representación teatral dun fragmento de Alicia... A verdade é que levan varios días ensaiando e, estamos seguros, de que vai ser todo un éxito. Moito ánimo!


1/5/15

Proverbes météorologiques en français.

Cette fois il est le tour des proverbes météorologiques en français.

- "D'un été bien chaud vient un automne pendant lequel souvent il tonne".
- " Après la pluie, le beau temps".
- " Fièvre qui vient pendant l'automne est très longue ou la mort nous donne".
- "C'est une tempête dans un verre d'eau".
- "Tels les trois premiers jours d'août, tel le temps de l'automne".
- " Mieux va un instant en avril dans que tout un mois long en automne".
- " En Mars, vent avec pluie, que chacun veille sur lui".
- " Jamais pluie de printemps n'a passé pour mauvais temps".
- " Pluie aux Rois, blé jusqu'au toit".

LinkWithin