24/2/15

Refráns sobre meteoroloxía.

Iniciamos unha nova sección no noso blog relacionada co mundo dos refráns. Cada mes iremos publicando en galego, castelán, francés e inglés. una pequena selección deles relacionada cun tema determinado. Comezamos coa meteoroloxía. Agardamos que vos gusten.


  • Despois de Santa Lucía, baixa a noite e medra o día.
  • A chuvia en abril, enche o carril.
  • Abril, abrilón: auga e trebón.
  • No mes de xaneiro e cos pes no braseiro.
  • Polo Nadal, frío cordial.
  • Abrígate por febreiro con dúas capas e un sombreiro.
  • Marzo, marzal, á noite cara de lobo e á mañán cara de can.
  • Cando no monte Pindo hai touca, ou moita chuvia ou pouca.
  • Cando o pico Sacro pon o capelo, mociñas da Ulla collede o mantelo.
  • Cando anda o gato no tellado, xeada no prado.

LinkWithin