23/4/14

Ler Ciencia na Biblioteca

Pareceunos unha boa idea celebrar este ano o Día do Libro xuntando as Ciencias e as Letras (non son incompatibles, como sabemos) así que, aproveitando que iamos ter tamén unha exposición sobre a Ciencia no noso centro puxémonos mans á obra, como se suele dicir. Este é o resultado.
 Pero o que foi todo un éxito entre alumnos e profesores foi a tarta, feita por unha amiga, que co lema Ler Ciencia decidimos compartir con todos (desapareceu literalmente da biblioteca nun tempo récord). Encantounos, esa é a verdade. Aquí deixamos algunhas imaxes do noso xeito de celebrar esta data.



















18/4/14

Ata sempre, Gabo.

"Muchos años después, frente al pelotón de fusilamiento, el coronel Aureliano Buendía había de recordar aquella tarde remota en que su padre lo llevó a conocer el hielo. Macondo era entonces una aldea de veinte casas de barro y cañabrava construidas a la orilla de un río de aguas diáfanas que se precipitaban por un lecho de piedras pulidas,blancas y enormes como huevos prehistóricos. El mundo era tan reciente, que muchas cosas carecían de nombre, y para mencionarlas había que señalarlas con el dedo".



Ven de deixarnos Gabriel García Márquez, Gabo, un dos grandes escritores da literatura contemporánea. Probablemente a mellor homenaxe que lle poidamos facer sexa  a da lectura da súa obra. A maxia das súas palabras sempre nos vai acompañar.

10/4/14

A irmandade da uva

"Entón sucedeu. Unha noite que a choiva golpeaba o teito inclinado da cociña, un grande espírito introduciuse para sempre na miña vida. Tremía co libro nas mans, mentres el me falaba do home e do mundo, do amor e da sabedoría, da dor e da culpa, e comprendín que endexamais volvería ser o mesmo. O seu nome era Fiódor Mikhailovich Dostoievski." (Páxina 87).

Non lera ningunha obra deste autor, John Fante, e debo dicir que me sorprendeu moi gratamente. Ás veces divertido, outras máis profundo e, noutros momentos, moi directo, cóntanos unha historia que se inspira nas súas propias vivencias e se centra na súa familia. Temas como a soidade, a incomunicación, o alcolismo...están moi presentes no relato.
 É moi boa a tradución da editorial Huguin e Munin, que visitou o noso centro no mes de decembro. Recomendamos as súas coidadas edicións e a súa selección de títulos.

2/4/14

Carta aos nenos do mundo

"Os lectores, a miúdo lle preguntan aos escritores como escriben as súas historias- De onde saen as ideas? Veñen da miña imaxinación, contéstalles o escritor. Ah, claro, adoita responder o lector. Pero, onde está a túa imaxinación, de que está feita e é certo que todo o mundo ten unha?    
      Ben, responde o escritor, está na miña cabeza, por suposto, e está composta de imaxes e palabras e recordos e rastros doutras historias e palabras e fragmentos de cousas e melodías e pensamentos e rostros e monstros e formas e palabras e movementos e palabras, ondas e arabescos e paisaxes e palabras e perfumes e sentimentos e cores e rimas e pequenos estalos e asubíos e sabores e explosións de enerxía e adiviñas e risas e palabras.Todo iso xirando aí dentro e cantando e comportándose como un calidoscopio e aboiando e sentándose e pensando e rañando a cabeza."
                     Siobhán Parkinson 



LinkWithin