15/3/13

Falamos de libros

  Onte recibimos no noso centro a visita de Lola Puerta, da Librería Aenea, de Santiago. Tivemos a sorte de poder intercambiar comentarios sobre libros e de atender ás súas recomendacións. Foi un auténtico luxo poder contar coa súa presenza e escoitar as súas explicacións.
  Bautizamos esta actividade co nome de Falamos de Libros. Escollemos a entrada do instituto como o lugar máis axeitado para expoñer o material e tamén engadimos algunhas fotografías nos paneis. Nunha das mesas había unha urna para deixar as nosas suxerencias de lectura.
   A continuación deixamos algunhas fotografías desta actividade.
   
Falamos de libros on PhotoPeach

10/3/13

El guardián invisible

"Caminó unos metros por la pista, pero la suela plana de sus zapatos se pegaba a la fina capa de barro dificultando sus pasos. Frotó las suelas contra la hierba y, sintiéndose cada vez peor, penetró en el bosque como atraída por una llamada mística. La lluvia de las primeras horas del día no había penetrado en la densa arboleda, y bajo las copas de los árboles el suelo se veía seco y limpio, como si estuviese recién barrido por las lamias del monte, aquellas hadas del bosque y del río que cuidaban de sus cabellos con peines de oro y plata, que dormían durante el día enterradas bajo tierra y sólo salían al atardecer, para intentar seducir a los viajeros. Premiaban a los hombres que yacían con ellas o castigaban a los que intentaban robar sus peines provocándoles horribles deformaciones". (Páx. 328).



 En Elizondo, o lugar de onde é orixinaria Amaia Salazar, aparece o cadáver dunha adolescente en estrañas circunstancias. Pouco tempo despois as mortes continúan na zona . A investigadora do caso, que sempre evitou voltar ás súas orixes, debe enfrontarse a unha situación complexa na que se mesturan circunstancias familiares e as súas propias pantasmas. 
  Un dos atractivos da novela é a relación que garda coa natureza e os seres míticos que a habitan (o Basajaun ou o Señor do Bosque, a deusa Mari... ). Gustáronme as descricións da zona do Baztán así como algunhas das persoaxes que forman parte da vida de Amaia (a tía Engrasi, por exemplo, que se fixo cargo dela cando era unha nena).
  Estaremos atentos á publicación dos outros dous volumes da triloxía.

LinkWithin