15/3/13

Falamos de libros

  Onte recibimos no noso centro a visita de Lola Puerta, da Librería Aenea, de Santiago. Tivemos a sorte de poder intercambiar comentarios sobre libros e de atender ás súas recomendacións. Foi un auténtico luxo poder contar coa súa presenza e escoitar as súas explicacións.
  Bautizamos esta actividade co nome de Falamos de Libros. Escollemos a entrada do instituto como o lugar máis axeitado para expoñer o material e tamén engadimos algunhas fotografías nos paneis. Nunha das mesas había unha urna para deixar as nosas suxerencias de lectura.
   A continuación deixamos algunhas fotografías desta actividade.
   
Falamos de libros on PhotoPeach

LinkWithin