28/9/12

Formando lectores

Unha das primeiras actividades que facemos na biblioteca a comezos de cada curso é a formación de usuarios.Parécenos fundamental que os alumnos saiban manexarse na biblioteca de forma autónoma atopando os diferentes materiais, consultando as bases de datos... 
  Este ano xa foron varios os grupos que participaron activamente na procura de información e xa comezamos a prestar material e a recoller os préstamos do verán.Así que aproveitamos a ocasión para animarvos a que continuedes visitando a biblioteca e desexarvos un bo comenzo de curso.




8/9/12

Invierno ártico

Sempre é un pracer recomendar unha obra de Arnaldur Indridason (Reykjavik,1961), autor que nos gusta especialmente. 


Invierno ártico é a quinta entrega das protagonizadas polo investigador Erlendur Sveinsson e os seus colaboradores (Elinborg e Sígurdur Oli). Neste libro relátanos a aparición do cadáver dun rapaz de 10 anos, moi preto da súa casa. Este feito parece estar relacionado con cuestións como a discriminación que sufren as persoas doutros países (a nai da víctima é unha inmigrante tailandesa que debe traballar duro para sacar adiante á súa familia).
 Nesta ocasión Erlendur, atormentado pola morte do seu irmán nunha ventisca cando ambos eran uns rapaces, achégase máis a este momento da súa vida a través dun soño que lle relata Eva Lind, a súa filla.

 "Erlendur hizo la señal de la cruz sobre la tumba de Marion Briem. Luego se volvió hacia el viento que le mordía el rostro, le tiraba del pelo y se le metía entre la ropa. Pensó en su casa, en sus libros sobre muerte y sufrimiento durante las implacables inclemencias invernales. Eran historias que comprendía y que mantenían encendidas en su pecho las brasas de antiguos sentimientos, remordimientos, pena y pérdida". (Páx.339)

 A obra ven acompañada dun pequeno cadernillo (Enciclopedia Svensson.Siguiendo la pista de un detective islandés) onde aparecen recollidas as cuestións máis habituais dos seus libros (personaxes, escenarios...)





LinkWithin