24/4/12

Semana de Dickens

Para celebrar o Día do Libro, durante toda a semana faranse na biblioteca lecturas de fragmentos das obras máis representativas de Charles Dickens. Hoxe, os alumnos de 2º da ESO estiveron lendo Canto de Nadal.


  A continuación podedes ver unha parte desta coñecida historia.



19/4/12

Cadros mitolóxicos

Gústanos a Mitoloxía e non é a primeira vez que tentamos achegarnos a ela. Nesta ocasión decidimos facelo mediante unha exposición que leva por título Cadros Mitolóxicos. Trátase de relacionar o texto e o título cos seus respectivos cadros, tal e como podedes ver na montaxe que presentamos a continuación.
Queremos agradecer o traballo de alumnos e profesores neste proxecto.

Cadros mitolóxicos on PhotoPeach

10/4/12

La casa de Riverton


"Pensé en Marcus, deambulando por todo el planeta, atrapado por una melodía desacompasada de la que no puede escapar. En los últimos tiempos no me cuesta demasiado tener presente a Marcus. Por las noches, mientras el sueño revolotea alrededor de mis visiones como una polilla polvorienta, él invade constantemente mis pensamientos. Como una mustia flor de verano atrapada entre las imágenes de Hannah y Emmeline, y de Riverton, mi nieto, más allá del tiempo y del espacio. Un instante es un niño con la piel sudorosa y los ojos grandes y al siguiente un hombre adulto, consumido por el amor y la pérdida". (Páx. 100).

Grace , unha anciá case centenaria que traballou nos anos vinte na mansión Riverton, recibe a visita de Úrsula Ryan, unha directora de cine que está a rodar unha película sobre a morte dunha persona que morreu neste lugar en extrañas circunstancias. Trátase de recrear fielmente o espazo, as persoaxes e as situacións deses momentos polo que a axuda dunha testemuña é fundamental.
A historia vai combinando pasado e presente e tenta non so desvelar o misterio senon reconstruír a vida de Grace, chea de interrogantes (os seus pais, o vínculo coas irmás Hartford,...) Coñecemos tamén como era a vida nunha mansión inglesa nos tempos da Primeira Guerra Mundial, as diferencias sociais da época, a situación da muller e os cambios que se van producindo na sociedade a medida que o relato vai avanzando.

  • Título: La casa de Riverton.
  • Autora: Kate Morton.
  • Editorial Suma de Letras, 513 páxinas.

LinkWithin