26/2/11

Chico y Rita

Ven de acadar o premio á mellor película de animación na última edición dos Premios Goya, este traballo conxunto entre Javier Mariscal e Fernando Trueba.


24/2/11

Día de Rosalía de Castro


Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.

Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.

Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.

En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.

De Follas Novas (1880).

21/2/11

Día Internacional da Lingua Materna

Dende o 21 de febreiro de 1952 celébrase o Día Internacional da Lingua Materna, coincidindo coa demanda dun grupo de estudantes en Bangladesh que reclamaba que a súa lingua materna, o Bangla, fose recoñecida como lingua oficial.
Para lembrar a importancia desta data, Manuel Bermúdez Blanco, do Equipo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago, fainos chegar un vídeo que queremos compartir con todos. Aproveitamos tamén a ocasión para agradecerlle o seu traballo.
Sabiades que cada dúas semanas desaparece unha lingua?

20/2/11

84,Charing Cross Road

"Señores:
Su anuncio publicado en la Saturday Review of Literature dice que están ustedes especializados en libros agotados. La expresión libreros anticuarios me asusta un poco. Porque asocio antiguo a caro. Digamos que soy una escritora pobre amante de los libros antiguos". (Páx. 9)

Así comeza 84, Charing Cross Road de Helene Hanff, unha obra na que a protagonista, que reside en Estados Unidos, intercambia cartas con Marks & Co., unha librería de Londres e vai creando co paso do tempo unha relación especial con Frank Doel.
Pódese dicir que o xénero epistolar tece neste caso un vínculo especial cos libros e a lectura e achega a súa protagonista a toda unha serie de personaxes que chegan a ser fundamentais na súa vida. Unha boa lectura, sen dúbida.
  • Título: 84, Charing Cross Road.
  • Autora: Helen Hanff.
  • Editorial Anagrama, 126 páxinas.

14/2/11

O mundo do Teatro (V) : Castelao e o amor

No Día de San Valentín estreamos a obra Os vellos non deben de namorarse de Castelao. Dende aquí queremos felicitar aos alumnos polo seu traballo, tendo en conta que non houbo moito tempo para os ensaios, ao Departamento de Galego, pola súa implicación na actividade, ao de Plástica e Clásicas, polo decorado, e á Secretaría e ao Departamento de Filosofía pola axuda prestada na gravación e edición deste vídeo. Moitas grazas a todos!

8/2/11

O mundo do Teatro (IV) : Castelao e o amor


Para conmemorar o Día de San Valentín , o Departamento de Galego e a Biblioteca, decidimos preparar unha pequena representación teatral da obra de Castelao Os vellos non deben de namorarse, así que estamos cos preparativos antes da estrea
(a vindeira semana).

7/2/11

E sentín a chuvia


"Conmigo amabas ese espacio
que sobrevive ó tempo
a aurora e os acenos das aves
que sinalan outonos no misterio dos ciclos
celestes

nas rexións esvaídas polo inverno
no norte e as camelias

Amábamos as nubes fuxitivas
que delatan a chuvia e o mar que se confunde coa esperanza

cando chega o verán daquela infancia fascinada

Amábamos tamén
a primavera
As prímulas
As lilas
As pálidas anémonas de floración temprana
coma as fontes
E sobre todo amabas as violetas..."


Luz Pozo Garza, Prometo a flor de loto (1992).

4/2/11

Las perfecciones provisionales


"El mundo era un burbujeo de infinitas posibilidades en aquel inesperado y templado febrero romano. Yo oscilaba entre los nunca más de mi vida de adolescente y los todavía no de mi vida de adulto. Era una franja delgada, eufórica y provisional. Pero era hermoso saberse en aquella franja. Sólo lo que es provisional es perfecto". (Páx.19).


A obra comeza cunha chamada telefónica e Guido Guerrieri, avogado prestixioso afincado en Bari, que ven de instalarse no seu novo bufete, nunca imaxinou que se vería inmerso nun caso coma este: a desaparición dunha rapaza. Sen embargo, decide aceptar o encargo (revisar o traballo previo) por se houbera algún cabo solto do que tirar e aportar algo de luz neste misterio.Guido mostra aquí a súa faceta máis humana. Ve o sufrimento indescriptible da familia, rememora outros momentos da súa vida, achégase a outros persoaxes deixando que falen e expresen os seus sentimentos...É un home extremadamente educado que moi raramente perde as formas e as experiencias vividas ensináronlle a saber cando é mellor calar.
A lectura non resulta aburrida en ningún momento e os procesos xurídicos descríbense dun xeito ameno. Unha lectura moi recomendable.
  • Título: Las perfecciones provisionales.
  • Autor: Gianrico Carofiglio.
  • Editorial La Esfera de los libros, 293 páxinas.

2/2/11

Calamus e o amor


Calamus continúa co seu percorrido temático. Esta vez e, tendo en conta que o día 14 de febreiro celébrase San Valentín, pareceunos axeitado tratar o tema do amor. A obra proposta é O único que queda é o amor de Agustín Fernández Paz. O libro está ilustrado por Pablo Auladell.




1/2/11

Los escarabajos vuelan al atardecer


Esperanza Rodríguez de 3º ESO-A, lectora do mes de decembro, fainos a seguinte recomendación de lectura:

"Este libro cuenta la historia de tres chicos que durante el verano tienen que encargarse de cuidar las plantas de una mansión, pero no tardan en darse cuenta de que la mansión tenía algo especial. Se ven envueltos en enigmas y misterios relacionados con una historia de amor marcada por la tragedia. A todo esto también se le añaden otras cosas misteriosas que los chicos tendrán que resolver.


Esta novela tiene algo que te engancha desde la primera página y mantiene el suspense intacto hasta el final. Además tiene amor de por medio.

Yo la recomiendo porque en verdad sorprende".


LinkWithin