28/1/11

Contribuindo coa Paz

O vindeiro 30 de xaneiro celébrase o Día da Paz. Todos os anos procuramos dende a Biblioteca implicar a alumnos e profesores nas actividades que deseñamos. Nesta ocasión queremos agradecer moi especialmente ao Departamento de Galego a axuda proporcionada así como a todos aqueles alumnos que colaboraron cos seus debuxos. A semana que ven engadiremos algún traballo máis.


Contribuindo coa Paz on PhotoPeach

27/1/11

La casa de Bernarda Alba


"BERNARDA.(A la criada). ¡Silencio!
CRIADA. (Llorando.) ¡Bernarda!
BERNARDA. Menos gritos y más obras. Debías haber procurado que todo esto estuviera más limpio para recibir al duelo. Vete. No es éste tu lugar. (La CRIADA se va sollozando) Los pobres son como los animales. Parece como si estuvieran hechos de otras sustancias".
Acto Primero
. ¿Cómo y por qué han castigado los hombres del pueblo a Paca la Roseta y a su esposo?
. ¿Qué opinan Magdalena y Amelia de la maternidad?
. ¿Quién era María Josefa? ¿Qué le sucedía?

20/1/11

A actualidade de China


Andrea, a Xefa de Estudos do noso centro, fainos a seguinte recomendación de lectura:

Procedencia da imaxe

"O meu pai sempre dicía que o día no que o chineses acadaran un nivel de vida similar ao que disfrutamos nos países desenvolvidos, o mundo non sería viable. Ao dicilo, referíase aos dous problemas que él, chegado o caso, consideraba irresolubles: o da enerxía e o do mantemento do medio. Lúcidamente, poñia o dedo na chaga porque o reto que temos por diante é como conxugar o desenvolvemento co coidado medioambiental nun contexto mundial de explosión demográfica e de recursos escasos. Destes aspectos e doutros moitos (a enorme porcentaxe de poboación agraria e a dificultade de realizar o tránsito dunha economía aínda fundamentalmente centrada no sector primario a outra con predominio dos sectores secundario e terciario; os problemas derivados da escaseza de auga; o proceso de liberación individual que, progresivamente rompe co férreo control que o Estado exerce sobre a poboación; a cada vez máis profunda brecha entre ricos e pobres, entre campo e cidade, que ameaza a estabilidade da sociedade china; a corrupción xeneralizada da burocracia; a pegada deixada polo confucianismo; as aportacións do maoismo e os tráxicos erros das políticas maoistas de “ O gran salto adiante” e a Revolución cultural”… ) trata o interesantisimo libro que vos propoño nesta ocasión “La actualidad de China”. O autor, Rafael Poch-de-Feliu , foi durante seis anos corresponsal de “La Vanguardia” en Pekin e parece coñecer moi ben China, polo menos tanto como para que a lectura do libro resulte apaixonante para lectores que, coma min, saben ben pouco de China aparte de que é unha potencia emerxente, que mestura estrañamente a economía de mercado coa dictadura política comunista e que ameaza a hexemonía occidental dado o seu tamano, poboación e poderío económico.

Mención aparte merecen os capítulos dedicados aos países veciños: Laos, Vietnam, Camboia, Corea, Xapón, Mongolia, Rusia…Un mundo por descubrir…e moitas viaxes por realizar. Que así sexa!"

19/1/11

Unha estrela no vento

Aitana de 3º ESO B fainos a seguinte recomendación de lectura:

"Miguel Foz recibe unha boa malleira polo que el e os seus amigos deciden vingarse. Os mozos que frecuentan a Lagoa prepáranse para un enfrontamento
que será moi diferente do que eles esperan.

Miguel está farto do seu pai, da súa profesora de literatura, da xente que o rodea. Sinte que é diferente a todos, menos do seu irmán Abel , alguén moi especial ao que está unido de verdade, e de Reina, unha moza xitana coa que arenderá o que é o amor. A
minusvalía de Abel e a raza de reina ensinaranlle a vivir dun xeito distinto.
Debes lelo porque é un libro que relata moi ben os conflictos entre as bandas e a desigualdade de xénero e de raza".

14/1/11

Un heroe singular


Diego fainos a seguinte recomendación de lectura:

"Los libros del Capitán Calzoncillos tratan de ese superhéroe. Su verdadero nombre es señor Carrasquilla y es el director de una escuela. Es muy malo.
A ese colegio van dos niños llamados Jorge y Berto. Son muy bromistas y para que el señor Carrasquilla se olvide de los enfados transformándose ellos tienen el Hipno-Anillo Tridimensional.
Son muy divertidos y yo, como seguidor, los recomiendo. Leí Las aventuras del Capitán Calzoncillos y El Capitán Calzoncillos y la furia de la Supermujer Macroelástica. En este último también transforman a la profesora, que es la Supermujer Macroelástica.


  • Título: Las aventuras del Capitán Calzoncillos/ *El capitán Calzoncillos y la furia de la Supermujer Macroelástica.
  • Autor: Dav Pilkey.
  • Editorial SM, 127 páx./ *175 páx.

11/1/11

Calamus e a Paz


O vindeiro 30 de xaneiro celébrase o Día da Paz. Por este motivo decidimos dende o noso club de lectura traballar esta temática. Imos facer unha selección de poemas sobre a Paz que iremos comentando ao longo do mes.


Título: Apasionamento
Autora: Leena GOLNIK

10/1/11

El español de América

Comenzamos el segundo trimestre con El español de América. Para ir familiarizándonos con sus características lingüísticas, sobre todo del nivel fónico y léxico, utilizamos un vídeo de corta duración, proveniente de la TV pública argentina.


7/1/11

Donde nadie te encuentre

A escritora Alicia Giménez Bartlett (Almansa ,1951) ven de obter o LXVII Premio Nadal pola súa novela Donde nadie te encuentre. Na obra, baseada en feitos reais, cóntasenos a historia dunha muller alcumada "A Pastora" que pelexou cos maquis.
No seguinte vídeo a autora proporciona máis información e expresa a súa ledicia polo galardón obtido.

. Fonte consultada: http://www.rtve.es/

Alicia Giménez: ’Me hace mucha ilusión haber ganado este premio’


4/1/11

Pablo Diablo y el club secreto


Un xoven seguidor que non quere que apareza o seu nome fainos a seguinte recomendación de lectura :

" Pablo Diablo es un niño muy malo y es hermano de Roberto, el niño perfecto. El día en que le iban a poner la inyección hizo una pequeña trampa y al final se salió con la suya. Pero todo cambió cuando Roberto, cansado de que sus padres no le hicieran caso, decide comportarse como su hermano.
El día de su cumpleaños fue una experiencia inolvidable para todos. Los invitados llegaron cargados de regalos que no le gustaban, pero le cambió la cara al recibir la Supercalahuesos 2000, una metralleta de agua.
Al final, la fiesta terminó en casa y sus padres, como todos los años, acabaron hartos de él".


  • Título: Pablo Diablo y el club secreto.
  • Autor: Francesca Simon.
  • Ilustrador: Tony Ross.
  • Editorial SM, 96 páxinas.

3/1/11

Testigo involuntario

"La risa es importante porque no se puede fingir. Para comprender si uno es auténtico o es falso el único sistema seguro es mirar -y escuchar- su risa. Las personas que de verdad merecen la pena son las que saben reír". (Páx. 117).

Unha amiga italiana recomendounos esta obra, Testigo involuntario de
Gianrico Carofiglio (Bari, 1961), e a verdade é que nos gustou moito. A historia comeza coa separación de Guido Guerreri, un avogado, que ve como a súa vida cambia dun xeito importante. Despois de pasar uns meses sumido nunha depresión, pouco a pouco vai saíndo a flote e decide aceptar a defensa de Abdou Thiam, un xoven senegalés que está acusado da morte dun rapaz. O caso preséntase complicado pero Guido é un avogado competente que en maís dunha ocasión consegue poñer en apuros ao fiscal.

A obra combina o proceso legal, descrito de xeito minucioso (non hai que esquecer que o autor é maxistrado) coa transformación de Guido, que consegue ver a luz ao final do túnel.


  • Título: Testigo involuntario.
  • Autor: Gianrico Carofiglio.
  • Editorial Books4pocket, 318 páxinas.

1/1/11

Ano Internacional dos Bosques


Este recén estreado 2011 foi declarado pola ONU Ano Internacional dos Bosques. A súa importancia no Medio Ambiente é fundamental (absorben o dióxido de carbono da atmosfera, regulan inundacións e secas...) Por este motivo queremos dedicarlle este primeiro post do ano.




LinkWithin