27/11/11

Os soportes de escritura


Ademais da exposición sobre Violencia de Xénero que podedes visitar á entrada do noso centro, na Biblioteca tamén contamos con outra sobre Os soportes de escritura na Antigüidade , elaborada polo Departamento de Clásicas, e que se irá completando ao longo do curso. Un interesante percorrido que non deberiamos perder.

25/11/11

Contra a Violencia de Xénero (III)

Hoxe celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Dende a Biblioteca levamos a cabo unha serie de actividades que presentamos de xeito resumido cunha pequena montaxe.

Queremos agradecer moi especialmente a presencia no noso centro de Ofelia Lema Villar, que na actualidade está a rematar Criminoloxía na USC, a súa excelente charla sobre o tema e ademais proporcionounos moito material a alumnos e profesores .

Tamén agradecemos o texto elaborado pola alumna de 4º de ESO A, Paula Gamallo, especialmente sensibilizada con este tema, e que reproducimos a continuación.

"Verdadeiramente todos estamos concienciados do feito de que, no noso país, coma no resto do mundo, sucedan a miúdo casos de violencia de xénero. Os medios de comunicación, como por exemplo o telediario, mostran día a día un novo exemplo de violencia machista na que a muller, polo xeral, é asasinada dunha maneira ou doutra.
En certo modo, a información atópase a disposición da sociedade, co paso do tempo avánzase e todos imos coñecendo máis sobre este tema, pero eu quero dar lugar a unha pregunta: TOMAMOS VERDADEIRAMENTE EN SERIO TODOS ESTES FEITOS DE DISCRIMINACIÓN CARA A MULLER OU SIMPLEMENTE SENTIMOS CERTA PENA POLAS VÍCTIMAS, EVADÍNDONOS COA IDEA DE QUE NON ACONTEZA O NOSO ARREDOR?
O primeiro que debemos ter claro é que a violencia de xénero non so engloba os golpes, insultos... Este concepto vai moito máis alá e, na sociedade na que vivimos, a pesar de todos os adiantos que existen, a discriminación cara a muller segue sendo un feito e existe en cada mínimo detalle das nosas vidas: nos medios de comunicación (anuncios, programación sexista...); na educación infantil, que é onde aparecen os primeiros indicios cara á desigualdade, debido á educación impartida polas familias na que o rol da muller é sempre diferente ao do home, os xoguetes son calificados para a nena ou o neno, a influencia dos amigos e de como se comportan os demais. Tamén na ocupación de postos de traballo está demostrado que o home exerce sempre cargos moito máis importantes e mellor remunerados que a muller, a pesar de seren máis as mulleres nas universidades.
Todos estes exemplos, aos que a maior parte da sociedade non dá suficiente importancia, dan lugar á resposta da pregunta plantexada anteriormente e é que todos deberiamos concienciarnos de que aínda nos queda moito por avanzar para acadar a igualdade plena entre homes e mulleres e que, na medida do posible, teriamos que contribuir á inserción absoluta da muller na sociedade e tentar abolir por completo todo indicio de discriminación cara a ela. A axuda está nas túas mans, ti decides".

Contra a Violencia de Xénero (III) on PhotoPeach

24/11/11

Cadea perpetua

Unha alumna que prefire non desvelar o seu nome fainos chegar a seguinte recomendación :

"É unha película moi emotiva que trata dun home que chega ao cárcere tras ser culpado de asasinato. Alí é maltratado e obrigado a facer cousas que non quere. Ao principio cústalle facer amigos e relacionarse pero, co tempo, acaba gañando a amizade e o repecto de case todos. Cando consegue saír do cárcere víngase de todos e fai realidade o seu soño.
Eu recoméndolla a todos os meus compañeiros e a todas aquelas persoas ás que lles gusten as películas que lles fagan pensar ".

22/11/11

Contra a violencia de xénero (II)


"A violencia contra a muller é quizais a máis vergonzosa violación dos dereitos humanos. Non coñece límites xeográficos, culturais ou de riqueza".

Kofi Annan

20/11/11

As mochilas volven viaxar


Dende a Biblioteca lembrámosvos que xa comezaron a viaxar as primeiras mochilas para que todas as familias poidan disfrutar do seu contido (obras de lectura, películas...) Este curso ampliamos o prazo de préstamos a 15 días, tendo en conta as vosas suxerencias.

Cada mochila leva unha libreta para que deixedes os vosos comentarios sobre a actividade.

15/11/11

Dereito á Educación

O vindeiro domingo, 20 de novembro, celébrase o XXII aniversario da firma da Convención dos Dereitos do Neno.
A través dunha campaña protagonizada por Pocoyó, en colaboración con UNICEF, podemos lembrar os Dereitos da Infancia.

9/11/11

Historia de un segundo


Martina Domínguez, de 2ºESO B, fainos a seguinte recomendación de lectura: "Es un bonito libro que nos enseña como a veces el amor puede más que la propia vida. En este caso, como tantos otros antiguamente, el mayor impedimento entre los protagonistas, que son dos jóvenes enamorados, es su clase social. Mientras que él es el esclavo del médico y no sabe leer ni escribir, ella proviene de una familia acomodada, así que tendrán que comunicarse de una ingeniosa manera y con la ayuda de otras personas".

Porque un segundo de amor puede ser más intenso que cien años de vida.

3/11/11

Papiroflexia (II)

Fixemos unha pequena montaxe cos traballos elaborados polos alumnos, e por algún profesor, sobre a Papiroflexia. Esta actividade non sería posible sen a implicación dos Departamentos de Educación Física e de Plástica que lle dedicaron tempo e ilusión a este proxecto, e, por suposto, ao traballo dos alumnos. Aproveitamos tamén para felicitar ao alumno de 2º de Bacharelato Juan Manuel Ríos polo seu traballo.
Este é o resultado. Agardamos que sexa do voso agrado.

Papiroflexia on PhotoPeach

LinkWithin