31/10/11

A voadora de Serantes


A VOADORA DE SERANTES

Estaba Manuel Páramo botándolle un feixe de herba ás vacas, e a muller apoleirando as galiñas, á caída dunha serán de verán, cando delambos ouviron un asubío mesmo derriba das súas cabezas. Miraron pra o ceo, a ver de ónde viña aquelo, que pasaba de asubío a trono, e viron pasar voando, nunha banqueta, á señora María de Fontes, que era conocida pola Voadora de Serantes, aínda que ninguén sabía de ónde lle viñera o apodo. Pro ben sabía que era acertado, que a señora María voaba. Manuel e a súa muller correron a darlle o parte aos veciños de deloutra banda do río. O señor Bastián de Cosme, liando despacio un cigarro, comentou:
- ¡Non sabía que fose meiga!
E non lle dou importancia ao asunto, recomendándolle a Manuel e maila muller que calasen o conto e non se metesen na vida de naide.
- Cadaquén gaña a vida como pode, sentenciou.

Álvaro Cunqueiro, Os outros feirantes.

20/10/11

Papiroflexia

PAPIROFLEXIA s.f. Arte ou destreza de obter figuras diversas mediante dobras das follas de papel.

Este ano, coincidindo co Día da Biblioteca Escolar, estamos a organizar, coa axuda do Departamento de Educación Física, unha pequena exposición sobre este tema. Xa comezamos a facer figuras e pensamos que pode ser unha actividade atractiva, así que esperamos que vos animedes, profesores e alumnos, esta fin de semana, e que o vindeiro luns apareza o noso centro cheo de creacións orixinais.
Deixámosmos aquí un vídeo para que vaiades entrenando.

14/10/11

Ano Internacional das árbores (V)


duir

camiñar polo gume das follas
do carballo
era como abalar nos tombos
en Arneliña
esfragarse polo oco do teu van

a beira dunha folla de carballo
con q de quercia
debuxaba a revolta das corredoiras
que levan á túa casa

e aínda que nunca o dicimos
en voz alta
no centro do bugallo
arreconchegada como un neno no berce
ela conta os días e minutos
para que chuegue a súa hora

abecedario de árbores de Marilar Aleixandre.

13/10/11

Colinas plateadas


Antonio Machado (1875-1939) es uno de nuestros grandes clásicos. Seguimos leyendo sus versos y disfrutando de ellos. Acabamos de hacer una pequeña selección en 2º de Bachillerato y queremos recordar este conocido poema perteneciente a Campos de Castilla (1907-1917).


¡Colinas plateadas,
grises alcores, cárdenas roquedas
por donde traza el Duero
su curva de ballesta
en torno a Soria, oscuros encinares,
ariscos pedregales, calvas sierras,
caminos blancos y álamos del río,
tardes de Soria, mística y guerrera,
hoy siento por vosotros, en el fondo
del corazón, tristeza,
tristeza que es amor! ¡Campos de Soria
donde parece que las rocas sueñan,
conmigo vais! ¡Colinas plateadas,
grises alcores, cárdenas roquedas!...

Music

"Music expresses that which cannot be put into words and that which cannot remain silent".
Victor Hugo

8/10/11

El café de los corazones rotos


"-Hay dos cosas en la vida de las que un hombre nunca se harta-me decía mi madre-:Un buen plato de cocina y un buen abrazo". (Páx.9)

Así comeza esta historia, protagonizada por Dell, unha muller que ve como a súa vida cambia dun día para outro dun xeito importante, tras perder ao seu marido, co que estivo casada trinta anos. Sen embargo, chega a conclusión de que esta relación non era o que parecía e debe facerlle fronte a moitos problemas (económicos, persoais...) , así que decide sacarlle partido ás súas habilidades culinarias e abrir unha cafetería, o Heartbreak Cafe.
Dell ten que superar moitos atrancos no camiño pero conta tamén con moitos aliados. É unha muller valente que se atopa a sí mesma e que ten amigos que a axudan a saír adiante (Toni, Boone...)
Hai que dicir que nalgúns momentos percíbese certa previsibilidade, sobre todo cara ao final do libro.
As receitas do Heartbreak Cafe aparecen recollidas nas páxinas finais.

Ameaza

3/10/11

Settecento


Marisa fainos a seguinte recomendación de lectura:


Seguindo a mesma liña que en Festina lente, Marcos Calveiro sumérxenos nun mundo de intriga da man do personaxe Aldo , pero esta vez centrado na Venecia do século XVIII. A súa riqueza léxica acompáñanos ao longo das descricións das dúas cidades que son tamén protagonistas neste libro: Venecia e Santiago.
O xove músico Aldo será víctima das intrigas que se tecen ao seu redor e a pesar da protección do seu mestre Vivaldi, a sorte depararalle un final incerto.
Recoméndovos este libro se vos gustan os libros de intriga e de amor pero sobre todo o disfrute do relato ben construido e cunha riqueza léxica sorprendente.




LinkWithin