24/8/11

A rapaza do circo


Hoxe cúmplense 70 anos do nacemento de Carlos Casares, autor fundamental na renovación da nosa narrativa . Lembramos un fragmento do seu relato A rapaza do circo pertencente á obra Vento ferido (1967).

"Mirou pola fiestra. Víase a carpa do circo que se erguía entre os carballos do feiral.
Está castigado. Cando el saia, a sesión da tarde terá rematado. E despois de cear non o deixarán ir.
A cousa empezou por culpa dunha aposta. Os de quinto estudiaban na aula II que tiña acceso directo dende o portal sin pasar polas demais dependencias do colexio. Podían ve-la rúa e meterse coas rapazas que pasaban sin que ninguén os vixiase. Cando viron a Anne, avisárono:
- Mira a francesiña do circo".

LinkWithin