31/8/11

El jardín olvidado

"Me gustaría honrar aquí a los autores que escriben para niños. Descubrir a edad temprana que detrás de las negras marcas de un papel blanco se ocultan mundos de incomparable terror, alegría y excitación es uno de los grandes regalos de la vida. Estoy enormemente agradecida a aquellos autores cuyas obras encendieron mi imaginación infantil e inspiraron en mí un amor por los libros y la lectura que han sido una constante compañía. El jardín olvidado es, en parte, una oda a ellos". (Páx. 11,12).

Seguindo a recomendación de dúas amigas comecei a ler El Jardín olvidado de Kate Morton e debo dicir que non parei ata que rematei. Esta obra atrapoume dende as primeiras páxinas. Nela atopamos unha historia que se desenrola en varios lugares (Londres, Brisbane, Cornualles...) e que presenta saltos no tempo, tratando de desvelar un segredo familiar que durante toda a súa vida intrigou a Nell, unha das protagonistas, que descoñece cales foron en realidade as súas orixes. Será Cassandra, a súa neta, quen retome a investigación, despois de herdar da súa avoa unha misteriosa cabana.
É tamén unha historia na que a literatura está moi presente a través dos relatos de fadas que Eliza Makepeace escribe continuamente e que teñen relación coa súa propia vida.
A pesar da dureza de moitos momentos narrados (non foi nada doada a vida destas mulleres), a historia ten momentos inesquecibles e, na miña opinión, merece moito a pena.

24/8/11

A rapaza do circo


Hoxe cúmplense 70 anos do nacemento de Carlos Casares, autor fundamental na renovación da nosa narrativa . Lembramos un fragmento do seu relato A rapaza do circo pertencente á obra Vento ferido (1967).

"Mirou pola fiestra. Víase a carpa do circo que se erguía entre os carballos do feiral.
Está castigado. Cando el saia, a sesión da tarde terá rematado. E despois de cear non o deixarán ir.
A cousa empezou por culpa dunha aposta. Os de quinto estudiaban na aula II que tiña acceso directo dende o portal sin pasar polas demais dependencias do colexio. Podían ve-la rúa e meterse coas rapazas que pasaban sin que ninguén os vixiase. Cando viron a Anne, avisárono:
- Mira a francesiña do circo".

22/8/11

Remedio

Gustounos moito este vídeo sobre o Fomento da lectura , parécenos un traballo estupendo e, dende aquí, felicitamos aos seus creadores. A verdade é que todo son vantaxes (a adquisición de vocabulario, a posibilidade de viaxar a outros mundos, ...)

11/8/11

La tierra de las cuevas pintadas


"El tercer color primario es el amarillo, el color del sol, Bali, y el color del fuego, aunque los dos contienen también mucho rojo, lo que demuestra que poseen vida propia. En el sol, se ve el rojo sobre todo por la mañana y al atardecer. El sol nos da luz y calor pero puede resultar peligroso. Un exceso de sol puede quemar la piel y secar las plantas y los abrevaderos. Nadie tiene control sobre el sol;ni siquiera Doni, la Madre, podría controlar a su hijo, Bali". (Páx.107).

Esta obra é o sexto volume da serie Os fillos da terra de Jean M. Auel. Ambientada na Prehistoria e froito dun longo traballo de documentación, trata de reconstruir como foi a vida na época das cavernas. A historia céntrase no personaxe de Ayla, unha muller criada cos mamutoi, que inicia a súa xira da Donier para se converter co tempo e tras pasar unha serie de probas, en Zelandoni da Novena Caverna. Acompañada de Jolandar, a súa parella, e de Jonayla, a súa filla de curta idade, debe atravesar un camiño cheo de dificultades para acadar a súa meta.
  • Título: La tierra de las cuevas pintadas.
  • Autora: Jean M. Auel.
  • Editorial Maeva, 794 páxinas.

5/8/11

Ano Internacional dos Bosques (III)


EN LOS BOSQUES DE PENNSYLVANIA

Cuando un árbol gigante se suicida,
harto de estar ya seco y no dar pájaros,
sin esperar al hombre que le tale,
sin esperar al viento,
lanza su última música sin hojas
—sinfónica explosión donde hubo nidos—,
crujen todos sus huecos de madera,
caen dos gotas de savia todavía
cuando estalla su tallo por el aire,
ruedan sus toneladas por el monte,
lloran los lobos y los ciervos tiemblan,
van a su encuentro las ardillas todas,
presintiendo que es algo de belleza que muere.

Gloria Fuertes

4/8/11

Unha viaxe fantástica


Ata o 28 de agosto temos a oportunidade de visitar ExpoSyFy en A Coruña, onde estanse a expoñer obxectos orixinais de películas como Star Wars, Batman, Dick Tracy ... Unha viaxe fantástica a través do tempo.

3/8/11

Ano Internacional dos Bosques (II)


BOSQUE

Cruzas por el crepúsculo.
El aire
tienes que separarlo casi con las manos
de tan denso, de tan impenetrable.
Andas. No dejan huellas
tus pies. Cientos de árboles
contienen el aliento sobre tu
cabeza. Un pájaro no sabe
que estás allí, y lanza su silbido
largo al otro lado del paisaje.
El mundo cambia de color: es como el eco
del mundo. Eco distante
que tú estremeces, traspasando
las últimas fronteras de la tarde.

Ángel González

2/8/11

La trampa de miel


"El hombre de la cámara de fotos la vio de pronto. Se detuvo, salió del sendero y se adentró un poco entre los árboles. Se colgó la cámara en el cuello, la levantó hasta sus ojos y miró por el visor. Le temblaban las manos. Sólo llevaba una fina chaqueta blanca sobre el vestido de verano rosa. A lo largo de la playa había preparados montones de madera para encender grandes hogueras. Era la noche de San Juan y había que celebrarlo". (Páx.399).

Nun intervalo moi curto de tempo, nunha pequena localidade, desaparece Patrick, un rapaz, cando ía camiño da súa casa, ao rematar as clases. Unha veciña que pasa o tempo mirando pola ventá da súa casa é a persoa que o viu por última vez. Uns días despois, Elna Druzika, é atropelada. Ábrese unha investigación e Marian Dahle , que acaba de chegar, únese ao equipo do inspector Cato Isaksen, pero semella que non conxenian e prodúcense moitas tensións entre eles. O tempo vai pasando e os datos que saen á luz son terribles...

LinkWithin