22/6/11

Lume de cobiza


"A un lado e a outro da estrada, os efectos do lume son devastadores. Os incendios de días atrás reconverteron a paisaxe dun verde fascinante nun patético ocre e negro, de penetrante cheiro a queimado. Só algún pasto esporádico achegaba co seu verdor apagado un toque de cor, que non facía outra cousa que aumentar o dramatismo provocado polas labaradas". (Páx.81).

Este é o desolador panorama que Frank Soutelo ve dende a ventanilla do seu coche no verán do ano 2006, cando o lume arrasou os nosos bosques. Este investigador de orixe galega, que reside nos Estados Unidos, ven pasar uns días de vacacións a casa duns familiares e, dun xeito casual, vese envolto nunha trama na que os intereses inmobiliarios ocupan un lugar principal. Sen medios ao seu alcance, pero coa axuda dalgúns amigos, consegue ir atando cabos ata resolver a morte de Lardo.
A obra fainos rir nalgúns momentos, por exemplo, cos mesmos nomes dalgúns personaxes como Marcial Dalama, Demoleitor, do que fai un bo retrato.
  • Titulo: Lume de cobiza.
  • Autor: Miguel Anxo Fernández.
  • Editorial Galaxia, 278 páxinas.

No hay comentarios:

LinkWithin