31/5/11

Letras Galegas 2011

Amosamos a continuación un pequeno resumo das actividades que fixemos no noso centro para celebrar o Día das Letras Galegas. Queremos agradecer moi especialmente a implicación do Departamento de Galego , sobre todo de Nati e Ana, nos traballos desenvolvidos, e a de todos os alumnos que contribuiron na lectura de poemas.

Letras Galegas 2011 on PhotoPeach

26/5/11

Calamus e o terror (II)


A piques de rematar o curso e tendo en conta as preferencias dos membros do noso club de lectura, decidimos que a lectura deste mes versase sobre o terror así que o libro elixido é El palacio de la noche eterna de José Mª Latorre, da que seleccionamos o seguinte fragmento:

"Tumbado en la cama, volví a pensar en la desaparición del cadáver y en el pavoroso rugido que había oído surgir del interior del palacio. Todo ello me provocaba una vaga inquietud. Dejando aparte la profanación de la tumba y el robo del cuerpo suceso del que no había tenido ninguna otra noticia-, me parecía extraño todo cuanto se hallaba relacionado con el regreso de los Mortimer..." (páx.39).


17/5/11

Letras Galegas 2011: Lois Pereiro (III)


ACRÓSTICO

Somentes
intentaba conseguir
deixar na terra
algo de min que me sobrevivira

sabendo que debería ter sabido
impedirme a min mesmo
descubrir que só fixen un interludio
atroz entre dous muros de silencio


só puiden evitar vivindo á sombra
inocularlle para sempre a quen amaba
doses letais do amor que envelenaba
a súa alma cunha dor eterna

substituindo o desexo polo exilio
iniciei a viaxe sen retorno
deixándome levar sen resistencia
ó fondo dunha interna
aniquilación chea de nostalxia.

16/5/11

Letras Galegas 2011: Lois Pereiro (II)


Como parte das actividades que se farán no noso centro co gallo do Día das Letras Galegas, un grupo de alumnos de 1º de Bacharelato recitará algúns versos de Lois Pereiro, o autor homenaxeado este ano. Iremos publicando no blog algúns dos poemas seleccionados.

DECLARACIÓN

Amarte, vida, amarte case sempre,
inda que sexas dura e leves entremedias
piedade e odio intermitentemente.


Es ti a que sempre educas e aceleras
a doenza letal dos que non se resignan
a ignorar como es en realidade:
somentes un traxecto
cómodo e aldraxante cara á morte,
un tránsito inútil e innecesario.
Pero a ignorancia salva ós que non quere
arriscarse e perderte tan axiña
a cambio da renuncia a profanarte.
E aqueles dentes que perdín
precisaríaos agora para defender
as conviccións nas que me reafirmo.
Solidario e amable, se é posible,
ou lobo estepario no desterro,
contemplarei o círculo insurxente
coas balas do desexo.

13/5/11

Coop

Tal día coma hoxe, hai 50 anos, deixábanos Gary Cooper, un dos grandes actores americanos que, en palabras de Ángel Zúñiga (1949), recollidas por Terenci Moix en Os meus inmortais do cinema "foi un milagre da fotoxenia. Nunca precisou interpretar no sentido literal da palabra. Déixase sorprender pola cobiza da cámara".
Da súa extensa filmografía gustariame destacar Juan Nadie (1941), Bola de fuego (1941), nas dúas películas formaba parella con Barbara Stanwych, La gran prueba (1956) e Só ante o perigo (1952), pola que obtería o seu segundo Oscar.

11/5/11

Unha bonita historia


Paulo Rodríguez Díaz envianos esta historia sobre a cor dos ollos, no contexto do Día das Letras Galegas. Dende aquí queremos agradecerlle esta colaboración, que non vai ser a única.

POR QUE CADA PERSOA TEN UNHA COR DE OLLOS DIFERENTE?

Esta pregunta faciama eu, ata que un día pola casa, no sótano atopei un libro e alí ponía que " o mesmo deus, o que inventou os homes e as mulleres era pintor. Chamábase Bonifacio. Él pintoulle a cada un e cada unha unha cor diferente de ollos pero só lle quedaban tres pinturas que eran o azul do mar, o marrón da terra e o verde das árbores".


Ao seguinte día, baixei de novo aosótano e retomei a lectura pero esta vez había outro capítulo,e poñía: " os ollos negros creáronse a través da escuridade e os grises a partir da luz e da escuridade".

Tamén había un terceiro capítulo e contábanos " que cadaquen foise para un sitio, os dos ollos verdes marcharon para os montes, as selvas e outros lugares onde había máis vexetación. Os homes e as mulleres dos ollos azuís foron para os ríos e as costas do mar chegando aos cantís. Os dos ollos marróns foron para as hortas sen cultivar. Os dos ollos negros viviron nas covas escuras e por último, os dos ollos grises miraban as eclipses e tiñan os ollos abertos unha parte do día e unha parte da noite".

Agora xa sabedes o que pasou cos ollos pero non creades que esto remata aquí. Na seguinte historia contareivos por que uns son altos e outros baixos. Isto xa é outro conto.


10/5/11

Ex Libris (II)

Para celebrar o Día do Libro e, tal e como comentamos no blog, fixemos unha pequena exposición de Ex Libris no noso centro. Engadimos tamén as recomendacións de lectura que nos chegaron dende o Departamento de Inglés.
Agradecemos a todos a participación na actividade.
Esta mesma semana saberase quen foi o gañador do concurso (o xurado xa está deliberando...)

Ex Libris on PhotoPeach

3/5/11

Arquitectura escrita


Este é o título dunha exposición que podemos visitar na Fundación Seoane en A Coruña ata o vindeiro 10 de xullo. Nela podemos contemplar gravados, debuxos e maquetas de espazos literarios de obras dos séculos XVIII, XIX e XX, como por exemplo a correspondente á Biblioteca de Babel (Borges), entre moitas outras.

1/5/11

Un escritor comprometido


Aos 99 anos ven de deixarnos o escritor arxentino Ernesto Sábato , un home comprometido que non dubidou en denunciar o horror da dictadura arxentina e as súas consecuencias en moitas das súas obras.
Lembramos aquí un fragmento de El túnel (1948).


"En el Salón de Primavera de 1946 presenté un cuadro llamado Maternidad. Era por el estilo de muchos otros anteriores: como dicen los críticos en su insoportable dialecto, era sólido, estaba bien arquitecturado. Tenía, en fin, los atributos que esos charlatanes encontraban siempre en mis telas, incluyendo "cierta cosa profundamente intelectual". Pero arriba, a la izquierda, a través de una ventanita, se veía una escena pequeña y remota: una playa solitaria y una mujer que miraba el mar. Era una mujer que miraba como esperando algo, quizá algún llamado apagado y distante. La escena sugería, en mi opinión, una soledad ansiosa y absoluta". (Páx.64-65, Ed.Cátedra, 1986).

LinkWithin