14/2/11

O mundo do Teatro (V) : Castelao e o amor

No Día de San Valentín estreamos a obra Os vellos non deben de namorarse de Castelao. Dende aquí queremos felicitar aos alumnos polo seu traballo, tendo en conta que non houbo moito tempo para os ensaios, ao Departamento de Galego, pola súa implicación na actividade, ao de Plástica e Clásicas, polo decorado, e á Secretaría e ao Departamento de Filosofía pola axuda prestada na gravación e edición deste vídeo. Moitas grazas a todos!

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Mola!
A ver se dades posto o vídeo un pouco máis pequerrechiño, para que non invada máis da conta.
Noraboa pola actividade.

Biblioteca do IES Pintor Colmeiro dijo...

Moitas grazas polo teu comentario. Xa solucionamos o problema, tal e como suxeriches.
Un saúdo.

belen gonzalez dijo...

Quedou fenomenal a montaxe. A pesar das presas o resultado é estupendo e os rapaces pasárono moi ben que é o importante. A ver se se animan para a seguinte...

LinkWithin