3/1/11

Testigo involuntario

"La risa es importante porque no se puede fingir. Para comprender si uno es auténtico o es falso el único sistema seguro es mirar -y escuchar- su risa. Las personas que de verdad merecen la pena son las que saben reír". (Páx. 117).

Unha amiga italiana recomendounos esta obra, Testigo involuntario de
Gianrico Carofiglio (Bari, 1961), e a verdade é que nos gustou moito. A historia comeza coa separación de Guido Guerreri, un avogado, que ve como a súa vida cambia dun xeito importante. Despois de pasar uns meses sumido nunha depresión, pouco a pouco vai saíndo a flote e decide aceptar a defensa de Abdou Thiam, un xoven senegalés que está acusado da morte dun rapaz. O caso preséntase complicado pero Guido é un avogado competente que en maís dunha ocasión consegue poñer en apuros ao fiscal.

A obra combina o proceso legal, descrito de xeito minucioso (non hai que esquecer que o autor é maxistrado) coa transformación de Guido, que consegue ver a luz ao final do túnel.


  • Título: Testigo involuntario.
  • Autor: Gianrico Carofiglio.
  • Editorial Books4pocket, 318 páxinas.

No hay comentarios:

LinkWithin