20/1/11

A actualidade de China


Andrea, a Xefa de Estudos do noso centro, fainos a seguinte recomendación de lectura:

Procedencia da imaxe

"O meu pai sempre dicía que o día no que o chineses acadaran un nivel de vida similar ao que disfrutamos nos países desenvolvidos, o mundo non sería viable. Ao dicilo, referíase aos dous problemas que él, chegado o caso, consideraba irresolubles: o da enerxía e o do mantemento do medio. Lúcidamente, poñia o dedo na chaga porque o reto que temos por diante é como conxugar o desenvolvemento co coidado medioambiental nun contexto mundial de explosión demográfica e de recursos escasos. Destes aspectos e doutros moitos (a enorme porcentaxe de poboación agraria e a dificultade de realizar o tránsito dunha economía aínda fundamentalmente centrada no sector primario a outra con predominio dos sectores secundario e terciario; os problemas derivados da escaseza de auga; o proceso de liberación individual que, progresivamente rompe co férreo control que o Estado exerce sobre a poboación; a cada vez máis profunda brecha entre ricos e pobres, entre campo e cidade, que ameaza a estabilidade da sociedade china; a corrupción xeneralizada da burocracia; a pegada deixada polo confucianismo; as aportacións do maoismo e os tráxicos erros das políticas maoistas de “ O gran salto adiante” e a Revolución cultural”… ) trata o interesantisimo libro que vos propoño nesta ocasión “La actualidad de China”. O autor, Rafael Poch-de-Feliu , foi durante seis anos corresponsal de “La Vanguardia” en Pekin e parece coñecer moi ben China, polo menos tanto como para que a lectura do libro resulte apaixonante para lectores que, coma min, saben ben pouco de China aparte de que é unha potencia emerxente, que mestura estrañamente a economía de mercado coa dictadura política comunista e que ameaza a hexemonía occidental dado o seu tamano, poboación e poderío económico.

Mención aparte merecen os capítulos dedicados aos países veciños: Laos, Vietnam, Camboia, Corea, Xapón, Mongolia, Rusia…Un mundo por descubrir…e moitas viaxes por realizar. Que así sexa!"

No hay comentarios:

LinkWithin