30/12/10

Con el corazón en la mano


"Muchos días pienso que me gustaría ser una moneda de libra esterlina en lugar de una chica africana. Todo el mundo se alegraría de verme". (Páx.9)


Así comeza Con el corazón en la mano de Chris Cleave, unha novela que narra unha relación de amizade entre dúas persoas que, en principio, non semellan ter moitos puntos en común. Sarah dirixe unha revista de éxito e vive en Londres co seu marido, Andrew, e o seu fillo, Charlie. Little Bee é nixeriana e ven de pasar dous anos nun centro de internamento. As súas vidas conflúen nunha praia de Nixeria, dous anos antes, mentres Sarah tenta superar unha crise matrimonial e Little Bee agóchase coa súa irmá dos seus perseguidores.
O relato ten momentos moi duros (as experiencias vividas por Little Bee e a súa irmá, o suicidio de Andrew...) e tamén outros máis emotivos que fan replantexar a Sarah moitas cuestións da súa vida.

Queremos rematar o ano 2010 con esta recomendación de lectura polos bos momentos dos que disfrutamos entre as súas páxinas e esperamos que o vindeiro ano nos brinde moitas e felices lecturas.
  • Título: Con el corazón en la mano.
  • Autor: Chris Leave.
  • Editorial Maeva, 295 páxinas.

27/12/10

Fotógrafos da Natureza 2010


Este é o título dunha interesante exposición que podemos visitar en Vigo ata o vindeiro 16 de xaneiro. Este concurso fotográfico, que leva xa 36 edicións, está organizado pola revista BBC Wildlife e o Museo de Historia Natural de Londres.


22/12/10

Letras Galegas 2010: Uxío Novoneyra (XII)


Comezamos este ano cuns versos de Uxío Novoneyra, autor a quen se dedicou o Día das Letras Galegas 2010, e queremos volver tamén aos seus poemas para desexar a todos un Bo Nadal e un Feliz Ano 2011.

"NEVA e non leva.
Anque o ceo amoia
o silencio aboia.
Neva como eu poño
naquil poema neva.


Falopiña a falopiña
van branqueando a cortiña.
Cada miniña o seu soño...
cada copo a súa flairiña..."

De Os Eidos .

21/12/10

Calamus e a guerra (II)

Hoxe tivemos a segunda reunión do noso club de lectura e unha das historias que comentamos foi a que se reflicte en A vida é bela, sobre todo polas coincidencias temáticas coa obra que lemos.

O Mundo do Teatro (III) : Don Juan Tenorio

E por fin chegou o día da estrea! Despois dos ensaios, os nervios, ... conseguimos que os compañeiros puideran asistir á representación. Isto foi posible, como ven sendo habitual na biblioteca, grazas o traballo dun equipo, especialmente á colaboración do Departamento de Latín e Grego (Belén axudou moito co atrezzo e cedeu unha parte das súas horas para que os alumnos ensaiasen e todo saise como é debido), á do Departamento de Plástica (co decorado, os carteis e os programas de man) e aos alumnos de 2º de Bacharelato que colaboraron na Exposición e, por suposto, foron os actores que representaron este fragmento de Don Juan Tenorio.

Dende aquí animamos a todos a que participedes noutras obras.

Don Juan Tenorio on PhotoPeach

17/12/10

El hombre que entraba por la ventana


"Para mí fue siempre.
No sucedía todas las noches, pero ahora ya no importa:
en mi memoria fue siempre.
Una voz de hombre me contaba cuentos en la oscuridad,
junto a mi cama.
En una oscuridad tan profunda
que al principio pensaba que aquella voz
estaba dentro de mí, dentro de mi cabeza:
que era parte de mí, que todos los niños
tenían una segunda voz
para contarles cuentos durante algunas noches".

  • Título: El hombre que entraba por la ventana.
  • Autor: Gonzalo Moure.
  • Ilustrador: Gabriel Pacheco.
  • Editorial SM.

Os oficios da cultura. Miguelanxo Prado.

A través da web de rtve, achegámonos á figura dun dos nosos autores máis recoñecidos a nivel internacional de banda deseñada: Miguelanxo Prado (A Coruña, 1958).

Los oficios de la cultura - Comic. Miguelanxo Prado


14/12/10

Calamus e a guerra


A segunda proposta de Calamus ten como tema principal a guerra e a obra escollida é Fume de Antón Fortes, ilustrada por Joanna Concejo. Comentaremos entre todos este álbum ilustrado facendo referencia a outras obras de
diferentes épocas que tamén trataron esta temática.

13/12/10

O Mundo do Teatro (II)


A partir do xoves representaremos no noso centro o que é probablemente o fragmento máis coñecido de Don Juan Tenorio de José Zorrilla. Dende aquí queremos invitarvos a todos á estrea, que será na biblioteca.
Estade atentos!

8/12/10

Sonata para Miriam

"Cuando oímos una obra acabada, o cuando vivimos nuestra vida, los componentes individuales se unen para crear un todo que no siempre sabemos apreciar. Sin embargo, sólo cuando somos conscientes de las partes podemos empezar a comprender el milagro.
Yo he tardado casi una vida entera en comenzar a buscar los sonidos, las notas que componen la música de mi vida".
(Páx.19).

A perda da súa filla fai que Adam Anker, músico e compositor, se sinta incapaz de crear e se instale nun mundo de soidade e silencio. Vai pasando o tempo e, por unha serie de circunstancias, decide viaxar a Polonia para indagar no seu pasado. En Cracovia pode reunirse cunha serie de persoas que coñeceron aos seus pais e iso permitiralle recolocar moitas das pezas da súa vida.
Unha historia para disfrutar da lectura que non debemos perder.

  • Título: Sonata para Miriam.
  • Autor: Linda Olsson.
  • Editorial Salamandra, 249 páxinas .

Procedencia da imaxe

5/12/10

A Ciencia nos libros despregables

Ata o 30 de xaneiro estará no Museo da Ciencia, de Valladolid, unha interesante exposición de libros despregables de todas as épocas que nos permitirán achegarnos ao mundo da ciencia.


2/12/10

La mujer del faro


"Se quedó sentada un instante sobre la cabina, mirando el cielo estrellado antes de bajar, moderar la estufa y lavarse los dientes en la pequeña cocina.[...] La oscuridad que se hizo cuando apagó el quinqué le resultó acogedora y agradable. Avanzó a tientas hasta el camarote de proa y se deslizó debajo del techo. Las sábanas estaban frías y húmedas y Karin se acurrucó en posición fetal. Unos minutos más tarde, cuando ya había entrado en calor, se durmió con el sonido de la lluvia que repiqueteaba contra la cubierta". (Páx.92).
Marstrand é un lugar desconcertante. Por un lado, semella unha pequena vila apacible, pero a medida que transcorre a acción desta novela, esta primeira impresión vai cambiando. Esta é a conclusión de Karin Adler, a policía que se enfronta ao seu primeiro caso, acompañada do perfeccionista axente Folke, obsesionado con cuestións lingüísticas. Xuntos terán que investigar a aparición dun cadáver nun vello faro e destapar así algúns misterios do pasado que se remontan á década dos sesenta.
Esta é a primeira novela da autora, Ann Rosman, a quen dende aquí animamos a que siga escribindo historias coma esta, que nos atrapen dende as primeiras páxinas.
  • Título: La mujer del faro.
  • Autor: Ann Rosman.
  • Editorial Salamandra, 277 páxinas.

LinkWithin