30/10/10

Letras Galegas 2010: Uxío Novoneyra (X)

"Un ceo aneboado entre azul que trasluce.

Procedencia da imaxe

Toda frustración súmase a ese ceo
e parece que non hai máis que eso

cando inda onte
un paxaro cantaba tan seguro cantaba un paxaro".

De Poemas da doada certeza.

29/10/10

28/10/10

Comeza a viaxe das mochilas

Unha das actividades de fomento da lectura que facemos no noso centro é a das Mochilas Viaxeiras. Grazas a ela, non so os alumnos, senon tamén as súas familias, poden coñecer os materiais da biblioteca, dar a súa opinión sobre a iniciativa, achegarse aos libros, á música ...

Temos 5 mochilas e comezaremos cos grupos de 1º de ESO, que poderán ter os materiais na casa durante unha semana.

Feliz Viaxe!

27/10/10

Un bico de amor e vida


Rocío Souto de 1º ESO A fainos a seguinte recomendación de lectura:

"Recomendo este libro porque pareceume moi bo. A persoaxe que máis me gustou foi a serea e o que o rapaz fixo por ela creando un mundo á súa medida e escavar unha piscina no salón...

Leédeo, vaivos gustar!

  • Título: Un bico de amor e vida.
  • Autor: Xosé A. Neira Cruz.
  • Ilustracións: Enjamio.
  • Coa colaboración da Real Filarmonía de Galicia. Mares nocturnos de Manuel Balboa (1957-2004).
  • Editorial Galaxia.

25/10/10

La expedición de los libros

Esta es la obra que estamos leyendo en 1º de ESO. Plantea una historia curiosa: una familia se traslada del campo a la ciudad y abandona su biblioteca. Sin embargo, los libros deciden no resignarse y actuar, así que preparan un plan para enfrentarse a esta inesperada situación.

  • Título: La expedición de los libros.
  • Autor: Vicente Muñoz Puelles.
  • Ilustrador: Fernando Vicente.
  • Editorial Oxford, 160 páginas.

Podéis obtener más información sobre el autor y el ilustrador en sus páginas web.

22/10/10

Conversación en La Catedral (II)

"Cando se fodeu Perú? pregúntase Zavalita,xove e idealista fillo dunha familia da alta burguesía limeña, que despois de militar en grupos de esquerda marxista, tira a toalla e se limita a ver pasar a vida . Eu non o sei, pero ao ler o libro pensei nesa pobre América Latina que oscila entre as dictaduras de dereita e os gobernos populistas que parecen querer condenar as súas xentes ao atraso e a marxinación, xentes que, seguramente como Zavalita, están abandonadas á desesperación, ao sentimento de que non hai nada que facer para mudar a situación e están dispostas a aferrarse a calquera salvapatrias dun ou doutro signo, e que non se dan de conta de que os salvadores non existen, que o temos claro se individual e colectivamente non asumimos a responsabilidade do cambio para construir sociedades cada vez máis xustas e máis libres.
Un último apunte: atopámonos ante unha obra mestra, para min o mellor de Vargas Llosa, pero non é un libro de fácil lectura; é un libro formalmente complexo, sen dúbida dunha complexidade conscientemente buscada. A min fíxome pensar nun espello roto en mil anacos: aínda que o recompoñas, o espello quedará dalgún xeito fracturado, como fracturada queda a imaxe que devolve, a imaxe dun Perú destrozado pola maldade dalgúns, a avaricia doutros, o deixar facer de moitos e a inocencia de xentes que non saben de donde veñen os paus."

21/10/10

Conversación en la catedral (I)

Andrea Ricoy, a nosa Xefa de Estudos, é unha excelente lectora e todos agardamos expectantes as súas reseñas. Esta vez é de Conversación en La Catedral, unha obra de Mario Vargas Llosa, flamante premio Nobel de Literatura 2010.


"A verdade é que cando Ana Díaz, a dinamizadora da biblioteca, me suxeriu escribir algo sobre “Conversación na Catedral” de Mario Vargas Llosa, xa había algúns meses que o lera e, como a idade non perdoa, tiña esquecidos moitos detalles da novela , ainda que non o cadro xeral: o sentimento de horror ante a degradación política, social e persoal do Perú durante os oito anos da dictadura de Manuel Odría (1948-56), de compaixón cara as súas víctimas, de mágoa por tantas vidas arruinadas, de comprensión ante a desesperanza que percorre o libro… iso é algo que non se esquece fácilmente; víctimas e verdugos conscientemente mesturados como para darnos a entender que o envilecemento do público deriva en envilecemento colectivo."

20/10/10

El Romancero Gitano

Ahora estamos estudiando en el aula la Generación del 27 , especialmente El Romancero Gitano de Federico García Lorca. Vamos a plantearles a nuestros alumnos una serie de cuestiones sobre el autor y la obra:

.1.- ¿Qué Institución en la que Lorca permaneció varios años intentó luchar contra el ambiente cultural de la época?

.2.- ¿A quién va dedicado el poema nº11? ¿Cuál era la profesión de esta persona?

.3.- ¿Qué ismo influyó más en Lorca?

19/10/10

O latín e as novas tecnoloxías

Poden parecer a simple vista dous termos contradictorios, pero é posible combinalos de xeito que o noso alumnado de 1º e 2º de Bacharelato poida achegarse ao latín dende as cancións actuais. Isto estase a conseguir, gracias ao Departamento de Latín do noso centro, consultando a páxina entreteni2.0 onde podemos ver e escoitar a Queen ("We are the champions", é dicir, "Victores sumus"), a Beyoncé ("All the single ladies" ou "Omnes caelibes feminae"), a Black Eyed Peas ("I gotta feelling" ou "Ego sentio") ... Estas son as cancións que máis lles gustaron.

18/10/10

O siñor Afranio

Mª Luz Sánchez Cerdeira, de 2ºBH, fainos a seguinte recomendación de lectura:

"Eu aconsello a lectura deste libro porque ademais de que o protagonista dos feitos era natural de Cortegada (Silleda), reflicte a represión franquista tal e como foi.

Pareceume un libro moi interesante porque ademais de ser unha historia baseada en feitos reais, cóntanse as miserias que tivo que pasar e os perigos aos que foi sometido para, como ben dicía el, "Risparse das gadoupas da morte".

17/10/10

Questions of the Hearth

Gústanos moito este vídeo de Rachael Harrington que coñecemos a través do blog dos compañeiros de Arquivos do Trasno, que realizan un estupendo traballo e aos que dende aquí aproveitamos para saudar. Parécenos que é un bo xeito de celebrar o Mes da Biblioteca Escolar.

Questions of the Heart from Rachael Harrington on Vimeo.

16/10/10

El infierno de Marta (II)

"Creo que este libro está muy bien porque tiene un fin didáctico. Muestra con claridad el perfil del maltratador y la situación en la que viven las víctimas.
En este caso, él se aprovecha de la debilidad de Marta para dominarla y oprimirla. Por otra parte, la imagen del maltratador como alguien amable, considerado y detallista sólo es aparente porque su personalidad es totalmente opuesta (es engreído y dominante). Lo primero es lo que hace que la víctima no sea capaz de salir del engaño, porque para ella él es esa persona dulce y amable que conoció, y cuando la maltrata no es realmente él, pero está equivocada porque la personalidad que ella cree verdadera es la falsa y la falsa es la verdadera.
Animo a la gente a leer este libro, porque es sencillo y fácil de leer. Engancha desde el primer momento y describe un tema muy presente y preocupante en nuestra sociedad".

15/10/10

El infierno de Marta (I)

Miriam García Fernández, de 2ºBH, fainos a seguinte recomendación de lectura (como é un pouco extensa imos dividila en dúas partes):

"Quiero dar a conocer este libro y para ello voy a describir en primer lugar la temática que trata. Como dice el libro, Marta es una chica de veinte años que está estudiando una carrera y llega a vivir un verdadero infierno al llegar Héctor a su vida.

Nos encontramos ante una chica normal que acaba de cortar con su novio, debido a que éste se va del país argumentando que se sentía "ahogado". Ella está triste y un día que sale con sus compañeras de piso se encuentra a un amigo de la Universidad que le presenta a otro chico que acaba de conocer (Héctor). Entre ellos surge un flechazo y comienzan a salir. Todo parece un cuento de hadas hasta que un día ella se pone a bailar con sus amigas y él se pone excesivamente celoso, se emborracha y, en un arrebato de furia, la coge por los pelos y la tira. Después le pide disculpas cortésmente y ella,inocente, lo perdona, pero se siguen sucediendo escenas de este tipo.

Él comienza a manipularla, se va a vivir con ella y sus amigas, pero estas, hartas de la situación, deciden marcharse. Sólo Marta sigue con él, hasta que un buen día encuentra entre sus cosas la fotografía de una chica que había aparecido asesinada. Entonces él, viéndose descubierto, humilla a Marta y la maltrata cada vez más..."

10/10/10

El hombre del lago

"No sabía qué tenía que decirles. Todo aquello resultaba muy irreal. Un esqueleto tan adentro del lago, enterrado en el fondo arenoso. Y ella tampoco estaba en su mejor forma. Enseguida se había puesto a pensar en martillos y cajas de cerillas. Le resultaba difícil concentrarse. Sus pensamientos se dispersaban aquí y allí y apenas conseguía encauzarlos". (páx.11-12).

Sempre estamos atentos á publicación das novas obras de Arnaldur Indridason, autor islandés que nos gusta especialmente. Esta vez o inspector Erlendur Sveinsson ten que enfrontarse á aparición dun cadaver no lago Kleifarvatn. Todas as probas practicadas indican que o corpo levaba moitos anos baixo a auga e as investigacións vanse centrando nos anos setenta, en plena Guerra Fría, cando moitos estudantes islandeses coincidiron na Universidade de Leipzig. A novela combina a investigación cos acontecementos que se viviron entón, onde todos espiaban a todos e ninguén estaba seguro de poder confiar plenamente nos demais.
  • Título: El hombre del lago.
  • Autor: Arnaldur Indridason.
  • Edtorial RBA, 349 páxinas.

9/10/10

Nobel de Literatura 2010

"Es un reconocimiento a la lengua española" (Diario El País, 7/10/2010)

" Nada enriquece tanto los sentidos, la sensibilidad, los sentidos humanos, como la lectura. Estoy completamente convencido de que una persona que lee, y que lee bien, disfruta muchísimo mejor de la vida, aunque también es una persona que tiene más problemas frente al mundo".
. Fuente: El Mundo, 2 de abril de 2003

Anuncio del Nobel a Mario Vargas Llosa


6/10/10

El hijo de Astérix

Un alumno de 1º de ESO que prefire non dar o seu nome fainos a seguinte recomendación de lectura :

" Trata de un niño que cae en la aldea de los galos. Por la mañana, Astérix encuentra al niño y él y Obélix tienen que cuidarlo hasta que encuentren a sus padres. Hasta un alocado romano se tuvo que disfrazar de mujer para intentar coger al bebé, pero éste había tomado poción mágica y era muy difícil atraparlo. Al final se descubre quiénes son sus padres (eso no lo voy a decir) y todo acaba con un gran banquete.

En estos libros, que recomiendo a todos, podemos encontrar diversión e intriga, también luchas entre galos y romanos. Mi personaje favorito es Astérix".

4/10/10

Un mundo de oportunidades

Gústanos o cartel que Marina Seoane deseñou este ano para celebrar o Mes da Biblioteca Escolar , editado pola Consellería de Educación para a Asesoría de Bibliotecas Escolares . Tamén o lema elixido parécenos moi atinado: un "mundo" de oportunidades. Porque iso é exactamente o que nos brinda a Biblioteca :a oportunidade de aprender, de ler, de achegarnos ás novas tecnoloxías, de coñecernos a nos mesmos, de disfrutar, de comunicarnos, ... Un mundo cheo de tesouros que temos moi preto e que nos está agardando.

3/10/10

James Dean

Esta semana cumpríronse 55 anos do pasamento de James Dean (1931-1955). Protagonizou tres grandes películas : Rebelde sen causa (Nicholas Ray, 1955), Ao leste do Edén (Elia Kazan,1955) e Xigante (George Stevens,1956) e foi nominado postumamente ao Oscar por estas dúas últimas. Todo un mito do que non nos esquecemos.

LinkWithin