29/6/10

Corazón Azul


A campaña Corazón Azul contra a trata é unha iniciativa de sensibilización promovida polas Nacións Unidas e o Ministerio de Igualdade contra a trata de seres humanos.

Fonte consultada: Ministerio de Igualdade.



28/6/10

Paraísos próximos

Cantos lugares que están moi preto de nos agardan a nosa visita? Probablemente sexan moitos. Está é unha proposta deses paraísos aos que podemos viaxar en vacacións.

Paraísos próximos on PhotoPeach

23/6/10

Letras Galegas 2010:Uxío Novoneyra (VI)

"FONTIÑA do Carabel.
Auga branca
nacida ó pé dunha faia
teñe que ter bon beber.

- Toma
pon de calexa esta folla.
Aséntaa ben no buraco
e préndea cunha pedra.

Qué fontiña máis pequena!
Sécase dun sorbato.

Fontiña do Carabel
que das xusto o que un pode beber! "

Os Eidos

21/6/10

Chegou o verán!


"Fue aquél uno de esos largos días de mar encalmados y bochornosos que navegando a vela no tienen fin. Sólo de tiempo en tiempo alguna ráfaga cálida pasaba entre las jarcias y hacía flamear el velamen. Yo andaba avizorado y errabundo , con la esperanza de que la Niña Chole se dejase ver sobre cubierta en algún momento. Vana esperanza. La Niña Chole permaneció retirada en su camarote, y acaso por esto las horas me parecieron, como nunca, llenas de tedio. Desengañado de aquella sonrisa que yo había visto y amado en otros labios, fui a sentarme en la popa".

Valle-Inclán, Sonata de Estío .

18/6/10

José Saramago

Ven de deixarnos José Saramago (Azinhaga,Portugal,1922), un dos grandes autores da Literatura contemporánea. A calidade da súa obra é indiscutible e foi recoñecida no ano 1998 coa concesión do Premio Nobel. O mundo das Letras volve estar de loito.
Sempre nos falou claro de todo aquilo que non lle gustaba da sociedade actual.
"Por qué nos hemos quedado ciegos, No lo sé, quizá un día lleguemos a saber la razón. Quieres que te diga lo que estoy pensando, Dime, Creo que no nos hemos quedado ciegos, Ciegos que ven, Ciegos que, viendo, no ven.
La mujer del médico se levantó, se acercó a la ventana.Miró hacia abajo, a la calle cubierta de basura, a las personas que gritaban y cantaban. Luego alzó la cabeza al cielo y lo vio todo blanco, Ahora me toca a mí, pensó. El miedo súbito le hizo bajar los ojos. La ciudad aún estaba allí".
Ensayo sobre la ceguera (páx.373).

17/6/10

Facemos Balance (III)

Estas son as Estatísticas que recollen os datos finais do curso, tal e como constan no ordenador principal da Biblioteca:

- 1992 Libros
- 388 DVD
- 38 CD
- 16 Libro DVD
- 16 Vídeo
-5 Xogo de Ordenador
-1 Gravación sonora

Préstamos por curso:
- 760 1ºESO
- 733 2ºESO
- 213 3ºESO
- 179 2ºBAC
- 151 4ºESO
- 100 1ºBAC
- 12 Adultos
- 2 CMAFD
- 1 CMC
Á vista dos datos, podemos dicir que os resultados obtidos no presente curso académico foron bos e que continuaremos fomentando a lectura entre a comunidade educativa.
MOITAS GRAZAS A TODOS!

15/6/10

Escenarios fantásticos

"CARTÓGRAFOS, FORMANDO, PARQUE, RESCATADO, AQUEL, GEOGRAFÍA, HOMBRO, VECES, DIBUJANTE, DONDE,..."
(Páx.150)


Todas estas palabras e moitas outras podemos atopalas en Escenarios fantásticos de Joan Manuel Gisbert (Barcelona, 1949), ilustrado por Miguel Calatayud. Unha obra chea de fantasía na que, a través de dous narradores, Nathaniel Maris, xornalista, e Demetrius Iatopec, mago especializado en capturar espellismos, podemos achegarnos a espazos máxicos e suxerentes cheos de sorpresas, como o parque de atraccións do Arco da Vella onde atoparemos "a máquina de fabricar contos" (dela proceden as palabras iniciais deste post), "a cámara das cóxegas", "o túnel que le os sentimentos"...

Este foi o seu primeiro libro (Barcelona,1979).

  • Título: Escenarios fantásticos.
  • Autor: Joan Manuel Gisbert.
  • Ilustrador: Miguel Calatayud.
  • Editorial Oxford, Col. "El árbol de la Ciencia" nº3, 202 páx.

11/6/10

Préstamos para o verán

Unha das actividades de animación lectora que da sempre moi bo resultado é a dos Préstamos para o verán. Como agora imos ter máis tempo libre, podemos disfrutar coa lectura deses libros que fomos deixando durante o curso porque sempre tiñamos algo que facer: exames,traballos,... Só tedes que dicirnos os títulos que vos apetecería levar (o máximo é de 5 títulos), traer unha mochila e xa podedes recollelos na biblioteca. Iso si, hai que asegurarse de que non hai préstamos pendentes.

Obras como Las chicas de alambre de J.Sierra i Fabra, La hija de la noche de L.Gallego García, El palacio de la noche eterna de J.Mª Latorre, A praia dos afogados de D. Villar, Perdona si te llamo amor de F.Moccia... están sendo moi demandados.

8/6/10

Club de lectura Calamus: De fel e mel

Na recta final do curso, plantexámosmos unha serie de cuestións sobre De fel e mel, o libro de lectura que saiu elixido no último mes en Calamus.

.1.- Onde transcorre a acción da obra?

.2 .- Caracteriza a Selim nunhas cantas liñas.

.3.- Un dos temas que se plantexan no libro é o da emigración ilegal. Cal é a túa opinión sobre esta cuestión?

.4.- Quen era Esther? E Mahjubi?

.5.- Cal é a túa opinión sobre a obra?

6/6/10

Premios Edublogs 2010

Onte fomos a Madrid a recoller o Premio que nos concedeu a Asociación Espiral Edublogs na categoría de Blogs de Bibliotecas Escolares. O acto tivo lugar na Escola de Organización Industrial (EOI). Vivimos momentos moi emotivos, compartimos nervios e puidemos coñecer e felicitar persoalmente a outros compañeiros que foron premiados nesta e noutras categorías.
Queremos reiterar o noso agradecemento á Asociación Espiral así como a todos os que nos apoiaron, e moi especialmente a Ars Legendi (A Baña) e As Mariñas (Betanzos).
Elaboramos unha pequena montaxe coas fotografías que fixemos e que iremos completando estes días.

Viaxe a Madrid on PhotoPeach

2/6/10

O cuarto prohibido

Ana Sofía Neto, lectora do mes de maio, fainos a seguinte recomendación de lectura:

"Era unha vez un leñador pobre que tiña tres fillas, e que cada mañá ía cortar leña ao bosque para vendela a poder manter á familia. Un bo día, o leñador atopou un teixo grande e vello, sen pensalo, empezoulle a dar machadazos ata que un destes soou oco e el, asustado, deixou caer a machada...

Recomendo este libro porque gustoume sobre todo a parte onde a nena salva ás súas irmás e enfróntase ao xigante sen importarlle o seu tamaño.

Coa lectura desta obra ides pasar un bo rato. Animádevos a lelo!"

LinkWithin