28/3/10

Ellas son ...África

Este traballo é un documental realizado por catro directoras de cine españolas comprometidas cos dereitos das mulleres. Foi presentado en Valencia no V Encontro España-África: Mulleres por un mundo mellor.
A través destas catro historias podemos achegarnos á realidade das mulleres africanas e aos seus esforzos por acadar a igualdade e ter unha vida digna.

26/3/10

Facemos Balance (II)

Estas son as Estatísticas de lectura do segundo trimestre do curso, tal e como constan no ordenador principal da biblioteca :


- 736 Libro

- 131 DVD

- 7 Libro DVD

- 5 CD

- 5 Vídeo

- 1 Xogo de Ordenador
Os cursos que teñen máis préstamos son 1º de ESO (217), 2º de ESO (150), 3º de ESO (82) e 4º de ESO (39).
As historias de Gunnm, Alita, angel de combate , seguen sendo moi demandadas polos usuarios da biblioteca. Tamén The phantom of the opera, La mujer de verde de A. Indridason, Las marismas (do mesmo autor), as obras dos clásicos ( A Celestina, Romeo e Xulieta, Cousas, ...)
Nas bibliotecas de aula están moi solicitadas as obras de Laura Gallego García, as de Sierra i Fabra, a banda deseñada (sobre todo os clásicos), ...
Continuamos coas Mochilas Viaxeiras (imos incrementar o seu número no vindeiro trimestre), coa Hora de Ler, que está dando bos resultados, coa Formación de Usuarios, etc...

24/3/10

Letras Galegas 2010:Uxío Novoneyra (III)

“ANDAS as ruas coma se fora a praia
lenelene entras na carta
i escribes diante frores murchas
a fibela do meu traxe sigue tan benfeita

ouh muller pra lonxe
pra aquil que tral’o lucir d’intres nada pode haber diario




chegas do NORDE
pasas da saga á cantiga levando sola a gran imaxen

soños
vir a tempo

súpeta creba a forcia dos isolados
g r a n d e s
a l t o s
pra cair”

Muller pra lonxe

22/3/10

Concienciados co Medio Ambiente

Durante toda a semana vaise levar a cabo unha campaña en tve co título de Concienciados con el Medio Ambiente. Nos imos sumarnos a ela dende o noso blog, lembrando a importancia da nosa colaboración para a conservación do planeta.
Por outra banda, hoxe celébrase O Día da Auga. Lemos un dato estremecedor : "Cada ano morren máis persoas a consecuencia da auga contaminada que por todas as formas de violencia, incluida a guerra", afirma a declaración de ONU Auga presentada por Adeel.

21/3/10

Día Mundial da Poesía

Hoxe celébrase o Día Mundial da Poesía. Elaboramos unha pequena montaxe con autores e poemas que nos gustan especialmente, aínda que somos conscientes de que o listado sería moito máis amplo.

Poesía on PhotoPeach

19/3/10

Play-doc


Do 17 ao 21 de marzo celébrase en Tui a sexta edición do Festival Internacional de Documental (play-doc). Imos ter a oportunidade de ver Exposicións, Longametraxes, Documentais galegos...Hai máis de 800 obras procedentes de todo o mundo inscritas nesta edición, tal e como se recolle na súa páxina web. Este ano está dedicado ao director norteamericano Jay Rosenblatt.

16/3/10

Mes da Muller

O día 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller Traballadora. Dende a Biblioteca, quixemos lembrar esta data e a súa importancia cunha pequena exposición na que tamén podemos lembrar a situación da muller en Roma (consultamos a páxina de www.culturaclasica.com) . Fixemos tamén unha selección de libros e películas protagonizadas por mulleres que tedes á vosa disposición na biblioteca.
Se queredes participar no sorteo sobre a exposición só tedes que contestar ás preguntas plantexadas e depositalas despois na urna. Animádevos a participar!


Mes da Muller on PhotoPeach

13/3/10

Novidades (Marzo)

Informamos a continuación das Novidades que podedes atopar na Biblioteca e que foron chegando ao longo destes dous últimos meses. Esperamos que sexan do voso agrado e que disfrutedes da súa lectura.

Novidades (Marzo) on PhotoPeach

12/3/10

Un home sinxelo

"La empuja blandamente hacia la puerta, pero Carmen se resiste a abandonar la habitación. Se opone sin decirlo y sin saberlo, pero con una persistencia sorda, tenaz, que induce a Mario a aflojar su presión. Entonces ella mira hacia todos los lados como si en lugar de haber pasado la noche allí viese aquel despacho, doblado en cámara mortuoria, por primera vez. Por la ventana se divisa ya nítidamente la casa de enfrente, con sus balcones verdes, de gresite, y sus cerradas persianas pintadas de blanco. Y cuando, de pronto, se abre una-una persiana- con un ruido de matraca, seco, de tablillas que se juntan, parece como que la casa bostezara y se desperezase".

Cinco horas con Mario

Coa sinxeleza e a discreción que acompañan sempre aos grandes ,ven de deixarnos Miguel Delibes (Valladolid,1920). Para min foi todo un descubrimento, na miña adolescencia, aquela obra impregnada de tenrura, de campo e de persoaxes inesquecibles que me ensinaron a amar a Literatura. Non o esquecín co paso dos anos e volvín ler as súas obras, debo dicir que sempre aprendín algo, dende a precisión da súa prosa ata a humanidade dos seus persoaxes.
Estou convencida de que vai ser moi difícil encher este oco nas nosas letras.




10/3/10

Plenilunio


"De día y de noche iba por la ciudad buscando una mirada. Vivía nada más que para esa tarea, aunque intentara hacer otras cosas o fingiera que las hacía, sólo miraba, espiaba los ojos de la gente, las caras de los desconocidos, de los camareros de los bares y los dependientes de las tiendas, las caras y las miradas de los detenidos en las fichas."

Así comienza la obra de Plenilunio, de Antonio Muñoz Molina, que ahora estamos leyendo en 2º de Bachillerato. Vamos a plantear una serie de cuestiones sobre ella :

.1 .- ¿Quién le había escrito una carta al Padre Orduña que éste guardaba como oro en paño? ¿Acerca de qué película?

.2 .- ¿Qué canción de Joan Manuel Serrat le gustaba especialmente a Susana Grey?

.3 .- ¿De qué autor eran los sonetos que le obligaban a aprenderse de memoria al inspector?

9/3/10

Chopin



Este ano celébrase o 2º Centenario do nacemento de Frédéric Chopin (Polonia,181o- París,1849), un dos grandes compositores románticos. Diana Capelo, dende o Departamento de Música, recoméndanos a selección musical que podemos atopar na páxina de Contidos educativos, da Consellería de Educación, onde ademais temos información máis detallada sobre a súa vida e obra.

Parécenos unha boa ocasión para disfrutar das súas composicións pianísticas e, por suposto, para achegarnos á música.

7/3/10

El tiempo entre costuras

Sira Quiroga é a protagonista desta historia. Vive en Madrid coa súa nai, traballa nun prestixioso taller de costura, ten mozo e planea casar con el pero a compra dunha máquina de escribir, despois de quedar sen traballo, cambia o rumbo da súa vida. A partir deste instante, nos momentos previos á Guerra Civil, nada volve ser igual : coñece a unha nova parella, ve por primeira vez ao seu pai, cambia de país...Todos estes incidentes, ademais dunha durísima experiencia amorosa, deixana nunha situación desesperada, soa e sen traballo, en Tánger, da que consigue saír grazas á axuda de varias persoas. Pouco a pouco vai refacendo á súa vida, traballando moito , labrando unha reputación de modista elegante e exclusiva e creando un pasado ficticio que as súas selectas clientas encárganse de divulgar.

Despois de vivir unha serie de experiencias, e de coñecer a persoas influíntes no mundo da política, acepta unha proposta arriscada, regresa a Madrid e alí enfróntase ao seu pasado e é quen de gobernar, por fin, a súa vida.
" [...] Por primera vez en mucho tiempo, tal vez por primera vez en toda mi vida, me sentía orgullosa de mí misma. Orgullosa de mis capacidades y de mi resistencia, de haber superado airosamente las expectativas que sobre mí existían. Orgullosa al saberme capaz de aportar un grano de arena para hacer de aquel mundo de locos un sitio mejor. Orgullosa de la mujer que había llegado a ser " (Páx.604).
  • El tiempo entre costuras.
  • Autora : María Dueñas.
  • Editorial Temas de Hoy, 638 páginas.

5/3/10

O poder das "madames"

No mes da muller queremos recomendar á visita a unha exposición titulada MADames que estará aberta durante todo o mes en Madrid, na galería Mad is Mad.

Tamén parécenos interesante a exposición "Ausencias vestidas" no Museo do traxe, ata o mes de abril. Trátase dun conxunto de propostas para vestir ás protagonistas das obras de García Lorca.

2/3/10

O Latín e o Grego na Publicidade

Vivimos rodeados de Publicidade, pero ¿sabemos cantos dos nomes dos productos que forman parte da nosa vida cotiá teñen orixe grega ou latina? Son moitos máis dos que poidamos imaxinar : alimentos, xoias, medicamentos, ... Nesta exposición podedes ver unha pequena mostra, así como o étimo do que provén o nome do producto.
Queremos agradecer a Belén González do Departamento de Latín e Grego , e ao alumnado de 1º de Bacharelato, o tempo e o traballo empregados na realización desta actividade. Esperamos que sexa do voso agrado.

O Latín e o Grego na Publicidade on PhotoPeach

LinkWithin