22/10/10

Conversación en La Catedral (II)

"Cando se fodeu Perú? pregúntase Zavalita,xove e idealista fillo dunha familia da alta burguesía limeña, que despois de militar en grupos de esquerda marxista, tira a toalla e se limita a ver pasar a vida . Eu non o sei, pero ao ler o libro pensei nesa pobre América Latina que oscila entre as dictaduras de dereita e os gobernos populistas que parecen querer condenar as súas xentes ao atraso e a marxinación, xentes que, seguramente como Zavalita, están abandonadas á desesperación, ao sentimento de que non hai nada que facer para mudar a situación e están dispostas a aferrarse a calquera salvapatrias dun ou doutro signo, e que non se dan de conta de que os salvadores non existen, que o temos claro se individual e colectivamente non asumimos a responsabilidade do cambio para construir sociedades cada vez máis xustas e máis libres.
Un último apunte: atopámonos ante unha obra mestra, para min o mellor de Vargas Llosa, pero non é un libro de fácil lectura; é un libro formalmente complexo, sen dúbida dunha complexidade conscientemente buscada. A min fíxome pensar nun espello roto en mil anacos: aínda que o recompoñas, o espello quedará dalgún xeito fracturado, como fracturada queda a imaxe que devolve, a imaxe dun Perú destrozado pola maldade dalgúns, a avaricia doutros, o deixar facer de moitos e a inocencia de xentes que non saben de donde veñen os paus."

No hay comentarios:

LinkWithin