21/10/10

Conversación en la catedral (I)

Andrea Ricoy, a nosa Xefa de Estudos, é unha excelente lectora e todos agardamos expectantes as súas reseñas. Esta vez é de Conversación en La Catedral, unha obra de Mario Vargas Llosa, flamante premio Nobel de Literatura 2010.


"A verdade é que cando Ana Díaz, a dinamizadora da biblioteca, me suxeriu escribir algo sobre “Conversación na Catedral” de Mario Vargas Llosa, xa había algúns meses que o lera e, como a idade non perdoa, tiña esquecidos moitos detalles da novela , ainda que non o cadro xeral: o sentimento de horror ante a degradación política, social e persoal do Perú durante os oito anos da dictadura de Manuel Odría (1948-56), de compaixón cara as súas víctimas, de mágoa por tantas vidas arruinadas, de comprensión ante a desesperanza que percorre o libro… iso é algo que non se esquece fácilmente; víctimas e verdugos conscientemente mesturados como para darnos a entender que o envilecemento do público deriva en envilecemento colectivo."

No hay comentarios:

LinkWithin