28/9/10

Historias con corazón

Esta fin de semana celebrouse o Día Mundial do Corazón. A OMS lémbranos todos os anos a importancia de levar uns hábitos de vida saudables, practicar exercicio, vixiar a alimentación...
Co gallo desta data, fixemos unha pequena montaxe que leva por título Historias con corazón,con imaxes, libros e películas das que podemos disfrutar.

Historias con corazón on PhotoPeach

25/9/10

Premio Nacional de Ilustración

Ana Juan (Valencia,1961) ven de recibir o Premio Nacional de Ilustración. Dende aquí queremos felicitala por este importante recoñecemento ao seu traballo.

Esta ilustración leva por título "Caveiras e xirasoles" (Babelia, 20 de agosto de 2010).

20/9/10

Bicicleta,cuchara,manzana

Probablemente foi o momento máis emotivo que se viviu no Festival de Cine de San Sebastián. Referímonos á presentación da película documental Bicicleta,cuchara,manzana sobre o Alzheimer, e a loita de Pasqual Maragall por vencer a enfermidade.
É moi de agradecer esta cinta de Carles Bosch, a quen dende aquí felicitamos polo seu traballo e a súa sensibilidade, por achegarnos a unha realidade que mañá pode ser a nosa.

14/9/10

Letras Galegas 2010: Uxío Novoneyra (IX)

"VEO o tempo morno do Outono
Os días son tardes longas
O aire é unha cousa ...

Todo ten ise xeito:

os tesos

os camiños que se van

no serán do val

os soutos

alumados d'ouro

eu quedo

ollando o mofo..."

De Os Eidos


12/9/10

Astrid y Veronika


A vida sempre nos sorprende. Esta é unha das conclusións á que podemos chegar despois de ler este libro de Linda Olsson, Astrid y Veronika. A primeira é unha muller maior que practicamente vive recluida na súa casa, nunha localidade sueca da que só saiu unha vez. Veronika,en cambio,ten trinta e un anos, é escritora, gústalle viaxar pero precisa tomarse un tempo para si mesma despois de ter sufrido unha importante perda na súa vida.
Pouco a pouco, as dúas mulleres van facéndose amigas e superando as situacións vividas no pasado.

É unha lectura que non nos vai defraudar.



"Se levantó y se desperezó mientras caminaba hacia la puerta. Fuera, desde los peldaños de la entrada, vio la luna llena, amarilla y brillante, sonriendo en el cielo negro justo por encima de los árboles. Era un sábado de mediados de agosto y había invitado a Astrid a una cena tradicional de cangrejos de río. Habían adquirido una cómoda rutina que consistía en paseos diarios y cena un par de veces por semana, alternando la casa. La vida se desarrollaba según un ritmo amable y predecible. Veronika se sentía en paz, descansando en el presente". (Páx.182-183)

9/9/10

A forza das minorías


Este é o lema do 32º Congreso Internacional do IBBY que se está a celebrar en Santiago. Dende onte e ata o domingo imos ter a posibilidade de achegarnos ao mundo da lectura, de coñecer as novas obras e autores de Literatura infantil e xuvenil actuais, de visitar exposicións, de participar en obradoiros, de asistir a charlas e concertos ... Unha cita que non debemos perder.

Pódese consultar o Programa no seguinte enlace

7/9/10

Lope


Dirixida por A. Waddington, vense de estrear Lope, baseada na figura de Lope de Vega (1562-1635). A película, interpretada por Alberto Ammann, Pilar López de Ayala e Leonor Watling nos seus principais papeis, comeza cun xoven Lope que regresa a Madrid despois de participar na guerra e tenta abrirse camiño no teatro. É unha persoa con talento, namoradiza e pouco discreta, e isto vaille causar moitos problemas.

A cinta recolle cuestións biográficas (os seus amores con Elena Osorio e Isabel de Urbina) pero non profundiza no persoaxe nin trata con detalle a figura de Lope como escritor. Un sae do cine coa sensación de que un escritor tan importante das nosas letras merecía un tratamento diferente, máis completo e riguroso.

4/9/10

Sé lo que estás pensando

"¿Cuántos ángeles brillantes
bailan sobre un alfiler?
¿Cuántos anhelos se ahogan
por el hecho de beber?
¿Has pensado alguna vez
que el vaso era un gatillo
y que un día te dirás:
"Dios mío, cómo he podido"? (Páx.31)

Despois de recibir unhas notas nas que o remitente parece adiviñar os seus pensamentos, Mark Mellery decide poñerse en contacto con David Gurney un antigo compañeiro para pedirlle consello. Gurney, policía retirado, preocúpase porque percibe o perigo agochado nesas liñas e cando Mellery aparece brutalmente asasinado , decide informar aos seus colegas do que sabe. Deste xeito colabora coa investigación que se abre e que parece desconcertar a todos: as pegadas atopadas na neve son moi estrañas, continúan as notas, hai máis mortes...

LinkWithin